Xornal Escolar

Centros educativos galegos formaránse en Finanzas

Xornal Escolar

xornal escolar

Centros educativos galegos formaránse en Finanzas

Esta é a terceira edición deste programa, pioneiro en toda España.
photo_cameraEsta é a terceira edición deste programa, pioneiro en toda España.
A formación será impartida por alumnado voluntario de FP que recibiu a preparación para facelo en unha parte da colaboración coa Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander.
Preto de 1.400 alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato de 42 centros de ensino de toda Galicia formaranse ao longo deste curso a través do programa Finanzas para mortais, froito da colaboración coa Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander.
Esta é a terceira edición deste programa, pioneiro en toda España, no que 43 alumnas e alumnos do ciclo de grao superior de Administración e finanzas serán os responsables de impartir a devandita información. Para iso, recibiron preparación por parte dos responsables do Banco de Santander nunha xornada desenvolvida o pasado venres no CIFP Compostela.
Esta iniciativa ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. A actuación está encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo, Eduemprende.
Actividades nos centros
As actividades nos 42 centros educativos comprenderán sesións, talleres e charlas impartidas polo alumnado voluntario de FP xunto con profesionais do Banco Santander. Nelas desenvolverán conceptos como o significado do diñeiro, o consumo e aforro responsables, a renda variable, os créditos e os préstamos, o cambio de moeda e o emprego de tarxetas no estranxeiro, os impostos, a débeda pública, a xubilación, os tipos de financiamento, a cotización á Seguridade Social ou a diferenza entre persoa física e persoa xurídica, entre outros.
Portal das familias
Acabase de activar o Portal das Familias, un novo servizo web de información para todos os aspectos da educación en Galicia que son de especial interese para alumnado e nais e pais. O obxectivo deste Portal web é achegar dun xeito máis directo e áxil datos ás familias sobre todo o que atinxe ao proceso de escolarización dos seus fillos, así como sobre o conxunto do sistema educativo galego. Aquí poderase afondar nos procesos de matrícula dos distintos niveis (ben sexa para as etapas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, ou para Formación Profesional, ensinanzas de Adultos, de Idiomas ou ensinanzas Artísticas e Deportivas), as datas de matrícula, a documentación esixida, os criterios de baremo, a asignación de prazas, etc; e tamén sobre os títulos ofertados en toda Galicia, os procesos de homologación de títulos ou o pagamento de taxas para a expedición de títulos, de certificados de estudos, entre outros.
Así mesmo, o Portal das Familias inclúe un apartado específico onde se dá conta de todas as convocatorias de axudas ás que pode acceder o estudantado en Galicia, segundo o tipo de ensinanza, ou mesmo sobre os recursos educativos complementarios de transporte e comedor; así como dos premios promovidos pola Consellería e os requisitos e trámites para optar a eles.
O Portal web inclúe outros apartados como o abalarMóbil, unha aplicación que permite ás familias consultar información dos seus fillos a través do teléfono móbil (sobre os horarios das materias, titorías, cualificacións, faltas de asistencia,...), ou un enlace específico de interese para as propias familias (Espazo Familias) e outro para o alumnado (Espazo Alumnado).
Ademais, para obter unha atención máis personalizada sobre calquera tema, inclúese un apartado