Xornal Escolar

Actividades formativas, culturais, deportivas e solidarias

Xornal Escolar

xornal escolar

Actividades formativas, culturais, deportivas e solidarias

O Centro Residencia Docente leva a cabo diferentes viaxes culturais e formativos ao longo do curso académico.
photo_cameraO Centro Residencia Docente leva a cabo diferentes viaxes culturais e formativos ao longo do curso académico.
O Centro Residencial Docente de Vigo elabora unha amplio programa de actividades, entre elas formativas como lingua de signos, obradoiro “Aprende a estudar”, clases de apoio en inglés, obradoiro de escritura e obradoiro de cómic e manga, e  orientadoras como técnicas de estudo e traballo, seminarios formativos, educación en valores, contidos transversais e orientación persoal, escolar e profesional.
O centro conta tamén con actividades de recuperación, reforzo e apoio escolar para o alumnado. A organización das actividades de recuperación, reforzo e apoio escolar basearase nas necesidades formativas do alumnado residente, e nas carencias que se detecten ao final de cada trimestre, co obxectivo de ofrecerlles apoio para a superación dos seus estudos.
No transcurso de cada un dos cursos escolares se levan a cabo estudo dirixido, éo tempo de estudo que o alumnado deberá dedicar para o correcto desenvolvemento da súa aprendizaxe, e a superación dos seus estudos. Os educadores deberán atender esta actividade procurando crear e manter un ambiente adecuado para favorecer o estudo; e estudo opcional onde se establece un tempo de estudo opcional para aqueles alumnos que necesiten máis tempo. 
Actividades de reforzo
Son diferentes actividades que se programarán de acordo coas necesidades detectadas no alumnado a principio de curso, contemplanse de forma especial a aprendizaxe de informática e idiomas, por ser materias comúns a todas as especialidades 
Tamén  teñen actividades de Técnicas de Estudo para ensinar aos alumnos e alumnas a sacar máis rendemento ás súas horas de estudo.
E realizaranse sesións puntuais de orientación profesional. O centro conta con actividades deportivas e recreativas. Proposta aos alumnos de todas aquelas actividades que demanden e que teñan que ver coa práctica do deporte. Segundo a demanda, organizandese campionatos ao longo do curso de todos aqueles deportes nos que estén interesados; xadrez; xogos de salón; fútbol sala; billar; atletismo; ping-pong; futbito; e camiñatas e excursións
Programa cultural
O CRD conta cun programa cultural no que destaca o Programa Cinensino da Consellería de Educación. Un programa de educación en valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos adictivos e comportamentais no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC. A iniciativa englóbase dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo.
Tamén se contemplan concertos, club de lectura; intercambios culturais; exposicións de fotografía en colaboración co Outono Fotográfico; exposicións didácticas de todo tipo conferencias (temáticas de actualidade, formativas ou de interese para o alumnado; coloquios; seminarios,   obradoiros (teatro, manualidades, talleres),  viaxes culturais,  teatro, música, máster class de diferentes modalidades deportivas; e flashmob con motivo de eventos puntuais como promoción do traballo colaborativo)
Premios e concursos
O centro promove concursos de todo tipo: relato, poesía, fotografía e debuxo. En función do motivo do concurso, que pode ser unha celebración particular ou por outras circunstancias.
Conmemoracións
O CRD conta con diferentes festas e cenelbraciones como o magosto, coincidindo coa tempada das castañas, farase no centro un magosto para que o disfrute todo o alumnado; Festa do Nadal e  a comida do Nadal no centro; e Festa do entroido con un concurso de disfraces para todo o alumnado e persoal que desexe disfrazarse; tamén o Día das Letras Galegas;  conmemoración de festividades de todos aqueles días previstos, Muller traballadora, Día do Libro e Día do Ambiente.
O CRD conta con xornadas de convivencia e de confraternidade, con antigos residentes e con motivo de diversas conmemoracións ou con alumnado doutros centros; día de portas abertas; maratón de lectura,  con motivo do Día do Libro ou por outra circunstancia similar;  apadriñamento lector, con motivo do Día do Libro; e voluntariado de lectura.
Tamén se contempla  un acto académico de fin de curso con imposiciónde bandas de honra aos mellores expedientes académicos e aos alumnos máis solidarios no que se premia  o campañeirismo e outros valores.
Iniciativas solidarias
O centro programa diferentes campañas solidarias como a recollida de tapóns solidarios; e recollida solidaria de alimentos, crean un punto solidario para depositar os alimentos, que permanecerá aberto durante aproximadamente dúas semanas. Pasado este tempo entregarase todo o recollido ao banco de alimentos. A data prevista coincidirá co Nadal.
Tamén levase a cabo a recollida solidaria de roupa e calzado; a operación Libro solidario, durante a Semana do Libro. A través das aportacións de libros antigos (en desuso) dos membros da comunidade establecerase un punto de venda. O recadado vai parar a unha institución sen ánimo de lucro por determinar.
Colaboración
Dende a dirección promovese  unha especial sensibilidade en pro de  colaborar con certas institucións que poideran precisar de algún tipo de axuda. 
Tamén existen campañas de sensibilización como xornadas de sensibilización coa discapacidade; promoción do voluntariado e da aprendizaxe-servizo.