Xosé Lois Ripalda. Escritor, presenta “Verdelina, a tartaruga viaxeira”

Xosé Lois Ripalda: “A miña neta inspiroume un conto homenaxe aos avós, personaxes a extinguir”

Xosé Lois Ripalda presentou o novo libro en Atlántico.
photo_camera Xosé Lois Ripalda presentou o novo libro en Atlántico.

Xosé Lois Ripalda (Erbedeiro, no concello de Carballedo, 1940), mestre, etnógrafo e escritor, ven de publicar un novo libro, nesta ocasión de literatura infantil, “Verdelina, a tartaruga viaxeira”, editado por Ir Indo. Está protagonizado por unha tartaruga que inicia unha longa e perigosa viaxe na procura das súas orixes, no mar.

 Que dificultade ten escribir un conto para nenos?

Libros infantís hai moitos, pero este ten unha connotación diferente. Está adicado a Alba, a miña neta de 3 anos, que aos meus 83  veu alegrar o solpor da miña vida. Inspiroume un conto co que homenaxeo aos avós, uns personaxes a extinguir, porque dentro duns anos cando a xeración do botellón e das consolas teñan netos que lle van contar? Xa case se acabaron a comida das avoas, hoxe só hai cociña rápida.

Cre que esta sociedade ten unha débeda cos avós?

Hai que educar aos rapaces para que os valoren. Fálase moito de asegurar unha morte digna, pero o importante é que teñan una vida digna, non se poden acurrunchar ata que lles chegue o final.

Reivindica entón os contos dos avós?

Teñen experiencia, fano con acenos, son auténticos “showmen”. Pero os rapaces teñen que estar dispostos a escoitar, temos que chamar a súa atención. O meu maior logro cando era mestre é que os nenos chorasen ao estaren enfermos por non poder vir a clase. A Alba gústanlle máis as miñas historias que a dos libros. Temos que buscar o momento adecuado.

Cando é a hora do conto?

Hai moitos momentos, o día ten 24 horas, pero o estado de ánimo non é sempre o mesmo.

Te puede interesar