Vinte entidades de Vigo reciben axudas para dinamizar a lingua

As achegas de Deputación oscilan entre os 600 e os 3.500 euros para certames literarios, exposicións, obradoiros ou rutas

Luis López, presidente da Deputación, dando explicacións das achegas.
Luis López, presidente da Deputación, dando explicacións das achegas.

A Deputación aprobou o reparto de máis de 45.000 euros para que 20 entidades sociais de nove concellos de Vigo e o sur da provincia poidan realizar actividades de dinamización da lingua galega. En total, cada un dos concellos recibirá achegas que oscilan entre os 600 e os preto de 3.500 euros para actividades como certames literarios, exposicións, obradoiros ou rutas, entre outras. “Como administración pública temos a obriga de fomentar e difundir a lingua galega, a nosa, a miña, a que nos diferencia e nos proxecta no mundo e a que dota a este pobo dunha identidade e personalidade únicas”, asegurou o presidente provincial, Luis López.

Na cidade de Vigo serán dez as entidades sociais que reciban achegas. Abella Producións contará con 3.000 euros para a actividade Nas Ondas Galegas III; a Asociación Cultural Traspés 2.500 para a creación dunha aplicación móbil; Xarabal con 900 para a actividade Xarabal nas Letras 2024; a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer 3.500 euros para o X Certame de Relatos Curtos 2024; a Cultural de Valladares 3.500 € para as actividades das Letras Galegas 2024; Veciños de San Roque 2.483 € para o XVII Concurso Letras Galegas; Veciños de Beade AVCU-CSCR 673 € para a festividade das Letras Galegas 2024; Mulleres Pedra da Vella 2.700 € para unha bolsa poética; o Ateneo Musical de Bembrive 1.380 para a actividade Chega o Nadal a Bembrive, e a Fundación para a Pesca e o Marisqueo 2.566 euros para a actividade O Mar a Raias nas Aulas.

En Baiona Airiños da Lagoa recibirá 2.500 para a creación da páxina web da entidade e a Asociación Folclórica Ardelume de Baiña, 1.515 euros para a gravación dun videoclip; en Gondomar a Asociación San Vicente Mañufe recibirá 929 euros para o VIII Certame Literario Verbas Novas; nas Neves a E.F.A. As Cancelas 3.500 € para as xornadas da IX Semana Gastro Cultural na Procura da Excelencia, e en Nigrán a Fundación Carlos Casares recibe 3.500 euros para a VI itinerancia da exposición Sorrisos por un mundo.

En Ponteareas Unión de Guláns recibirá 636 euros para organizar a Ruta Musical Guláns 2024 e a Asociación de Maiores de Ponteareas contará con 1.651 € para o V Taller de habilidades instrumentais; no Porriño Os Penediños recibe 1.636 € para o Día das Letras; en Redondela, Galicia sen Límite contará con 3.493 euros para Palabras de mar e terra, e no Rosal, a Agrupación Musicall, 3.350 € para o espectáculo Pinocho.

Contenido patrocinado

stats