Tito Asorey: “Esta homenaxe a María Casares é un canto de amor ao teatro”

Tito Asorey co cartel.
photo_camera Tito Asorey co cartel.

Tito Asorey (Ourense, 1977) chega a Vigo esta fin de semana con “Continente María” no auditorio municipal.

Como xorde “Continente María”, unha peza inspirada en María Casares?

Melania Cruz e mais eu levabamos moito tempo falando de facer algo sobre María Casares e aproveitando o seu centenario apareceu a oportunidade desta coproducción co Centro Dramático Galego. É un proxecto moi querido e do que me sinto moi orgulloso.

É unha homenaxe á actriz?

É unha homenaxe a María Casares, pero tamén como repercutiu en nós esta gran figura. Ela sempre tivo moi presente o noso país, aínda que nunca quixo regresar a Galicia, ese país da desmemoria. E ao tempo é un canto de amor ao teatro como profesionais que o habitamos.

Todo o mundo escoitou falar de María Casares pero poucos saben como era. 

É unha figura enormemente atrainte. O proceso de documentación foi fascinante. Viviu a súa vida en total liberdade e con paixón. Foi a gran figura do teatro francés no século XX deixou a súa pegada tanto na política como no escenario. Casares é fascinante pola súa capacidade de ensinar, de aportar luz e polo seu modo de vida, así como polo xeito de enfrontarse a un oficio.

Cómo construíu Melania Cruz a persoaxe?

Melania asume por veces a voz de María, é como unha advocación; outras veces fala por ela. Adicamos un ano ao proceso de documentación e un mes a unha residencia de onde saíu un primeiro texto poético y onde nos analizamos dende fóra. Na posta en escena, Melania está acompañada por Vadim Yukhnevich que toca en directo.

Te puede interesar