Sés e os madrileños Biznaga actuarán en Oia en xuño no The Wild Fest

Sés estará en Vigo o 24 de xuño.
photo_camera Sés estará en Vigo o 24 de xuño.

A galega Sés e os madrileños Biznaga, que actuarán o sábado 24 de xuño, únense ao cartel do The Wild Fest que xa contaba coa presenza de Ángel Stanich. Con estas dúas incorporacións anuncianse os tres cabezas de cartel desta edición, na que tamén haberá sesións vermú, a final do concurso Salvaxesons e actuacións para público familiar.

O festival celébrase no Parque Forestal de San Miguel de Oia os días 23, 24 e 25 de xuño, un espazo natural con merendeiro, bosque autóctono e miradoiros á ría e as Illas Cés. Ademais da posibilidade de desfrutar de música e cultura na natureza o entorno propicia a realización de actividades como Orientaventura, actividade de orientación por equipos que cada ano enche as súas prazas; e Canicross, carreira na que os participantes van acompañados do seu can.

As entradas están á venda . Só será de pago o sábado 24, xornada na que se celebrarán os concertos de SÉS, Ángel Stanich e Biznaga, entre outros. A entrada do venres e domingo é de balde.  O certame ofrece a posibilidade de pernoctar nun camping acondicionado para a ocasión no que tamén hai cabida para furgonetas e autocaravanas. 

As entradas para o sábado (único día de pago) están desde onte á venda na platorma Vivetix, (na web thewildfest.com a prezo reducido ata o 31 de marzo). As primeiras 400 venderanse a prezo especial de lanzamento de 15 euros. As persoas que desexen durmir no cámping poderán reservar xa a súa praza por un suplemento de 5,00€. O acceso ao cámping estará aberto entre o venres 23 ás 15 horas e o luns 26 ás 12 horas.

Como novidade deste ano, habilitarase un espazo para furgos e autocaravanas no mesmo ámbito da acampada. A reserva nesta zona, con capacidade para 50 vehículos, ten un custe de 10 euros por vehículo.

Te puede interesar