vigo

A Real Academia estrea a súa webserie sobre Xela Arias

María Yáñez, Lois Arias, Henrique Monteagudo, Amparo Castaño, Darío Gil Arias e Marilar Aleixandre, onte, na presentación de webserie sobre Xela.
photo_camera María Yáñez, Lois Arias, Henrique Monteagudo, Amparo Castaño, Darío Gil Arias e Marilar Aleixandre, onte, na presentación de webserie sobre Xela.
Con seis capítulos, analiza a pegada da poeta homenaxeada polas Letras Galegas 2021
A Real Academia Galega estrea a primeira serie documental arredor do Día das Letras Galegas. Baixo o título “Xela Arias. A palabra esgazada” presenta seis capítulos á vida e á obra da autora á que lle rende homenaxe o vindeiro 17 de maio guiada polas propias palabras da homenaxeada. A emisión comeza hoxe na web da RAG (academia.gal) e nas súas redes sociais co capítulo 1. Esta primeira entrega céntrase na nenez da escritora, editora, tradutora e docente, os transcorridos entre a Sarria natal, a cidade de Lugo e o Vigo que a acolleu a partir dos 7 anos. 
Cada martes ata a semana previa ao Día das Letras Galegas subirase un novo capítulo, onde profundarán nos ambientes que condicionaron a ollada e a escrita de Xela  e nas súas distintas facetas, non só como escritora transgresora, senon como profesional do mundo da edición, da tradución e a súa contribución na misión normalizar a lingua galega e fixar a normativa.
O presidente en funcións da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo; o fillo de Xela Arias, Darío Gil Arias; a académica Marilar Aleixandre e mais a guionista da serie documental, María Yáñez, participaron onte na rúa Tabernas da Coruña na presentación da programación audiovisual das Letras Galegas 2021 da institución, á que tamén asistiron a nai da homenaxeada, Amparo Castaño, e mais o seu irmán Lois Arias. 
Realizada por Miramemira, transmite a forza que ten a súa protagonista “polas decisións que tomou na súa vida e por como a lembran os seus achegadose un inconformismo”, expón a guionista, María Yáñez. Participaron familiares, amigos e compañeiros, pero voces da nova xeración que  a coñeceron a través da súa obra.

Te puede interesar
Más en Día das Letras Galegas