Quince veciños de Cabral volven á comunidade de montes

A asemblea da Comunidade de Montes de Santa Mariña de Cabral acordara hai agora catro anos a expulsión de quince veciños que terán que ser readmitidos

Luis Rodríguez, presidente de los comuneros de Cabral, en una asamblea en Ifevi.
Luis Rodríguez, presidente de los comuneros de Cabral, en una asamblea en Ifevi.

O Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo acaba de admitir o recurso interposto por 15 veciños de Cabralcontra a súa expulsión como comuneiros acordada en asemblea pola Comunidade de Montes de Santa Mariña de Cabral hai agora catro anos, e obriga a esta entidade a readmitilos con plenos efectos dende a data da súa saída. Unha segunda resolución, ditada tamén estes días polo Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, recoñece a condición de comuneiros doutros 8 veciños que levan nada menos que unha década intentando ingresar na mesma entidade.

As dúas sentenzas, segundo os recorrentes, “volven amosar a arbitrariedade que caracteriza á CC MM de Cabral e ao seu presidente, Luis Rodríguez”, que hai tan só tres meses viu como a Audiencia Provincial rexeitaba tamén o seu recurso de apelación contra outra resolución que lle obrigaba a deixar entrar na organización a outros seis veciños que cumprían rigorosamente a condición de comuneiros.

Agora, no fallo do Xulgado número 9 anúlase o artigo dos estatutos da Comunidade de Montes que a directiva de Rodríguez utilizou para xustificar a irregular expulsión dos 15 comuneiros. “Non hai lugar a dúbidas da nulidade do réxime sancionador previsto estatutariamente e en consecuencia procede declarar tamén nula automaticamente a suspensión temporal dos comuneiros, e iso sen necesidade de entrar a analizar outras posibles, ou máis ben probables, causas de nulidade do acordo da asemblea”, sinala.

Contenido patrocinado

stats