O PSOE comprométese en Vigo cos países empobrecidos
Os candidatos ao Congreso María Adrio e Modesto Pose e ao Senado, Leticia Gallego e Daniel Ricart, destacan o papel líder do mundo local na cooperación internacional
Os concellos socialistas da provincia de Pontevedra coñecerán, tamén a través dos integrantes da candidatura do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado nas eleccións xerais, as vantaxes de concentrar tódolos esforzos por axudar aos colectivos que máis o necesitan alén das nosas fronteiras a través do Fondo Galego de Cooperación. O presidente do Fondo, Juan González, e a súa xerente, Andrea García, mantiveron unha xuntanza de traballo onte en Vigo cos candidatos socialistas ao Congreso María Adrio e Modesto Pose e cos candidatos suplentes ao Senado, Leticia Gallego e Daniel Ricart. Participou tamén Alberto Varela, como presidente da FEGAMP e alcalde de Vilagarcía.
Juan González valorou a “acollida moi amistosa”, así como o compromiso formal do Partido Socialista para facer chegar a tódolos concellos da provincia nos que o PSdeG-PSOE que están no goberno local e que aínda non forman parte do Fondo Galego de Cooperación a importancia desta ferramenta de solidariedade internacional. “O mellor xeito de facer cooperación dende Galicia e a través do Fondo Galego no que estamos 100 concellos e tres deputacións”, recalcou.
María Adrio e Modesto Pose agradeceron ao Fondo a súa traxectoria e que se teña convertido “nunha ferramenta moi útil para que dende os concellos, cada quen na medida das súas posibilidades, poidan axudar a colectividades dos países que máis o precisan” e destacaron que gracias ao Fondo o mundo local ten un papel protagonista neste eido. O Fondo é unha organización non gubernamental que naceu en 1997 e que conta cunha ampla representación do mundo local e que conta entre os seus membros fundacionais coa Federación Galega de Municipios e Provincias e dous concellos da provincia de Pontevedra, como Nigrán e Moaña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último