METEOROLOGÍA
Una masa de aire frío y nevadas reciben el invierno
A literatura viguesa volve a estar de celebración, catro dos seus autores recibiron esta fin de semana o galardón Follas Novas, que outorgou a Asociación de Escritores en Lingua Galega polas publicacións de 2022. Tres foron as categorías galardoadas: o libro ilustrado, con “Verne”, de Fredy Fernández e Germán González; o de literatura infantil-xuvenil, que recaeu en Ledicia Costas por “O neno do lume” e á mellor obra traducida, a cargo de María Alonso Seisdedos.
A proposta de Fredy e Germán é un libro acordeón, ilustrado por ambas caras. Segue a mesma estructura que “Balea”, publicación que chegou a estar nominada aos Follas Novas hai seis anos. “Eu tiña un pálpito, pero é certo que moitas veces, a sensación quédase niso, polo que non agardabamos nada”, afirma Fredy, que apunta os distintos xeitos de desfrutar do libro grazas a súa versatilidade: “Queda moi ben en formato cartaz, sei de quen mercou dous exemplares para enmarcar, aínda que é viable a lectura como un libro, ten moitas historias dentro”. Polo de agora este dúo creativo fai un parón para centrarse en traballos máis individuais.
Ledicia Costas volve a asinar unha proposta triunfadora. “O neno do lume” comezou a súa traxectoria gañando o Merlín para se facer agora co Follas Novas. “Os premios son bonitos, espero que este axude a dar visibilidade a esta historia para que chegue a máis xente; hoxe é moi difícil destacar nun escaparate coa cantidade de libros que hai e á calidade que ten a literatura infantil e xuvenil en Galicia”.
A autora, quen se atopa a tres capítulos de acabar a súa terceira novela para adultos, non puido acudir á entrega de premios por estar no Salón do Libro. Recolleu a distinción no seu nome a editora Anaír Rodríguez.
María Alonso Seisdedos tamén foi distinguida pola súa tradución de “Léxico familiar”, de Natalia Ginzburg. “Estos recoñecementos son moi importantes para a profesión, cando levo un premio non considero que sexa para min soa, a diferencia dos galardóns aos autores de obra orixinal, os nosos son para todos os tradutores; cada día se nos ve máis”. Lembra que foi a obra presentou dificultades porque tiña unha primeira parte onde se recollen expresións e ditos populares. “Tiven que procurar, moitas veces por internet a mellor adaptación ao galego, tanto no seu significado como na súa sonoridade, algo que foi posible ao se tratar de dúas linguas románicas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar