Martín Codax, referente galego á altura do Mestre Mateo
O compositor Juan Durán destacou a identidade musical do trobador vigués no acto polo Día das Artes Galegas conmemorado pola Academia, onte, en Vigo
A festa das artes galegas celebrou o seu día grande onte en Vigo, homenaxeando ao autor do ano, Martín Codax, trobador vigués, ao que se lle atribúe a creación da identidade musical galega. Así o explicou o compositor Juan Durán na lectura da laudatio: “Non só foi o primeiro autor galego do que se conserva texto e música, senón que está presente a través de trazos identitarios na música galega, tanto da popular como da culta”.
O acto institucional de Real Academia Galega das Belas Artes (Ragba) tivo lugar no teatro García Barbón, na localidade orixinal do autor. “Aínda que se sabe pouco de Martín Codax, crese que era de Vigo pola temática das súas cantigas”, apuntou Durán. Estiveron presentes o presidente da Academia, Manuel Quintana Martelo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a presidenta da Deputación, Carmela Silva e o alcalde Abel Caballero; amais de autoridades militares e do bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza. Entre o público, déronse cita o recén nomeado Vigués Distinguido e vicevaledor do Cidadán, Antón Vidal Andión; o presidente da Fundación Penzol, Manuel Puga ou intérpretes como Teo Cardalda e María Monsonis.
Na súa intervención, Quintana Martelo afirmou que na difusión da creatividade artística, non podían esquecer a música como disciplina a destacar. Lembrou que o mestre Rogelio Groba, falecido recentemente, foi o académico responsable da creación en 1989 do Arquivo Musical de Galicia, un fondo de documentación e información de incalculable valor.
Do autor destacado a Martín Codax, “un referente incuestionable na cultura musical galega e unha figura identitaria da historia de Galicia, mesmo como foron o Mestre Mateo ou Prisciliano”.
Pola súa banda, rexedor afirmou co acto da Academia establécese “unha ponte dende o século XIII que nos trae ata o século XXI” e sinalou que “todo pobo que se respecta valora o súa cultura e o seu pasado”. Amais reivindicou o nome de Martín Codax no pergamiño que supuxo un antes e un despois do coñecemento da música medieval, “debera facer referencia ao autor, non aou descubridor”.
E a música pechou o acto. O pianista Alejo Amoedo e a mezzosoprano Nuria Lorenzo interpretaron un repertorio que comezou coas cantigas de Martín Codax, pasando por obras de Marcial del Adalid, Juan Montes, Chané e Baldomir.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último