Ledicia Costas: "O meu universo está moi presente neste libro, hai poesía e fantasía"
Ledicia Costas, Premio de Poesía Afundación co poemario "Ultraluz"
“Ultraluz” de Ledicia Costas (Vigo, 1979) foi distinguida co Premio de Poesía Afundación, convocado pola Obra Social de Abanca co patrocinio da Xunta. “A maxia de Ledicia Costas é esa dualidade aparentemente contraditoria, unha autora capaz de crear universos claramente fantásticos e curiosamente verídicos”, suliñou o director xerente da Obra Social de Abanca, Pedro Otero, na entrega do galardón que implica a publicación da obra e unha dotación de 6.000 euros. A autora, coñecida pola súa narrativa, confesou aos lectores de Atlántico a súa relación cos versos: “Empecei a escribir poesía hai moitos anos, ata teño un libro publicado con Everest hai dez anos, deixeino; só agora con este poemario retomei o xénero e probei sorte con este premio ao que teño moito respecto”.
Como é “Ultraluz”?
É un libro de poesía e fantasía, onde o meu universo está moi presente. Quen leu “Baladas do universo” ou “Mulleres plantas”, ou que me segue en redes vai a atoparme nestes versos. Hai criaturas, referencias a películas, é un texto moi apegado á natureza e á terra, está na presenza de nenez e unha vida adulta. É moi Ledicia, unha Ledicia destilada.
Está inmersa en plena labor de produción. Agradécense este tipo de recoñecementos?
É unha bomba de osíxeno. Cando me presento a este tipo de premios é como lanzar un barco a un océano.
Escribir é un oficio solitario, pero nesta ocasión logrou desafogo nas redes sociais?
Estame axudando na loita do proceso creativo, en identificar os motivos que fan que non renda en determinados momentos. Hai dous días rematei a primeira parte. Conto con rematar en Semana Santa, polo que pasarei o Entroido pechada escribindo. Voume tres semanas a Andalucía para encontros con escolares, teño a intención de escribir polas tardes, polo que esta novela vai ter algo de andaluza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último