Francisco Castro: "O importante é que a mocidade lea, sexa en papel ou en libro electrónico"

Francisco Castro presentou en Atlántico o seu libro.
photo_camera Francisco Castro presentou en Atlántico o seu libro.

“O cemiterio de barcos” é o título da última novela que Francisco Castro (Vigo, 1966). Supón o seu libro número vinte, que nesta ocasión sae na colección xuvenil Costa Oeste, de Galaxia, editorial que dirixe dende 2016. Onte achegouse ata a redacción de Atlántico para falar desta publicación.

Este libro destila moita añoranza. 

Si, no comezo tenta ser un recordo de aqueles veráns intensos que duraban meses. Para escribir tiven que recordar moitos os veráns da mocidade.

Máis tamén reflicte como cambia a percepción das cousas dunha xeración a outra, o que supón voltar á vila segundo a idade que se teña.

Tódolos que temos fillos adolescentes sabemos o que é que se nos cuestione sempre. O protagonista, David, entende que o seu pai sexa feliz na vila, pero non o comparte. Non conta que vai descubrir o amor e tamén que vai aparecer unha persoa do pasado que o vai embarullar todo.

Como xa fixo na súa novela “Iridium”, aquí volve a tratar temas que afectan a mocidade como machismo, a sexualidade. É importante que os rapaces reflexionen sobre estos temas?

É importante que reflexionen os rapaces e o público adulto. Lucía gravita entre o seu mozo de sempre, un maltratador de manual, e David, que representa a nova masculidade, a que eu reivindico, a do home feminista, sensible, capaz de apuntarse o bo trato. Para min,  a imaxe más masculina, de maior virilidade dos últimos días foi a de Pau Gasol chorando coa filla no colo; hai que ser moi home para iso. Lito, o mozo de Lucía, representa o orgullo testicular. Eu quero ser como David e todos deberían querer esa masculinidade que debería ser a do século XXI. As relacións non teñen que ser de dominio. Nótase na política, mentres os homes queren gañar, as mulleres queren conseguir acordos.

A recuperación da memoria histórica é o  segundo aspecto que aborda, xa tratado na súa anterior novela “Tantos anos de silencio”. Que coñecemento teñen os menores do tema?

É terrible que moitos acaben o ensino obrigatorio descoñecendo o que aconteceu na guerra civil e todo o que pasou despois, algo que non aparece nos libros. A diferencia con democracias como a chilena ou a arxentina que asumiron a súa memoria e redimiron ás vítimas, en España non se fixo. O franquismo segue aí e no ensino non se fala. Din que houbo dous bandos que pelexaron, unha trola. Se contra Pedro Sánchez se levanta unha rebelión militar non se contaría así. A II República foi un réxime que se instalou sen violencia, mentres o franquismo logrou impoñer pola forza 40 anos de catecismo e abusos. Algúns políticos da dereita din que non hai que reabrir feridas, pero como vai ser iso entregar a unha señora de 90 anos os restos do seu pai fusilado para que lle dea sepultura? Iso é facer xustiza.

Por que ese desinterés na mocidade?

Porque non lle chega. Saben da Super Bowl porque está sempre nos medios. Agora a sociedade anda moi preocupada polos casos de okupación cando en realidade non alcanzan o 3%, pero hai políticos a quen lles presta amosar esa situación de inseguridade porque nas crises o fascismo y Vox reciben votos. Unha enquisa amosou que moitos rapaces pensan que o feminismo inventa a violencia de xénero para amolar aos homes. Podemos darlles clases de igualdade, escribir libros de igualdade, mostrarlles películas de igualdade, pero queda eso, o discurso de Ortega Smith, de Abascal e de Vox.

Como acontece con tantos canles de información disponibles?

Hai moito ruído, non información. A nivel educativo debemos aprender aos alumnos a analizar o que sae nas redes. Os políticos están moi satisfeitos dos escolares con ordenador, pero non se preocupan do que entra por esa ventá. Os rapaces acustomáronse  a ver que lles di Google, pero non entenden que iso non ten que ser certo, que o buscador segue uns parámetros comerciais, se procuran “holocausto” as primeiras entradas son negacionistas. Teñen que aprender a diferenciar. 

É falando de novas tecnoloxías, a súa novela saíu en papel e axiña en formato ipad. Son compatibles ambos mercados?

Sairán case ao tempo e todo é compatible. Hai que esforzarse moito por favorecer a lectura. Unha sociedade lectora é máis dificilmente manipulable. Os estudos din que a nosa mocidade nunca leu tanto como agora. O importante é que a mocidade lea, tanto me ten se é en papel o en formato electrónico.

“O cemiterio de barcos” está publicado nunha colección xuvenil, a que público vai dirixido?

Pertence ás obras que nos gusta calificar de libros de fronteira. Escribina para un público mozo, pero tamén pode interesar aos adultos. Aborda temas de actualidade como a violencia de xénero, a nova masculinidade, a memoria histórica ou o caciquismo.

Te puede interesar