Vigo

A igualdade salarial, principal reto para En Común-Unidas Podemos

Unidas Podemos explicou en Vigo o seu programa económico.
photo_camera Unidas Podemos explicou en Vigo o seu programa económico.

A candidata provincial de En Común-Unidas Podemos para o Congreso, Yolanda Díaz, mantivo onte un encontro en Vigo que o principal reto da formación no ámbito económico é "avanzar cara unha economía feminista onde os coidados estén no centro e se garanta a igualdade retributiva entre homes e mulleres". 
 

Neste acto, no que En Común-Unidas Podemos presentou as súas propostas económicas, a candidata provicial destacou que "as reformas laborais non serviron para avanzar, senón que foron reducindo os nosos dereitos. Ningunha abordou a igualdade entre homes e mulleres". Yolanda Díaz incidiu en que "lonxe de avanzar en dereitos, colocaban máis esixencias para a conciliación. A carga dos coidados segue recaendo nas mulleres. Non foron reformas con enfoque feminista". A candidata puxo en valor ademais as iniciativas impulsadas na pasada lexislatura. "Das cousas máis importantes que fixemos no grupo parlamentar, foi a primeira Lei de Igualdade Retributiva", aínda que España "é o único país que non executou medidas para a transparencia salarial", resaltou.
No encontro no que se expuxo o programa económico da formación tamén participaron Nacho Álvarez, Albino Prada, Manolo Lago, Jaime Cabeza e Almudena Bergareche. 

Te puede interesar