IES Castelao asina a mellor expo das Letras Galegas

Marta Fernández-Tapias fixo entrega do premio ao mellor cartel das Letras Galegas ao IES Castelao.
photo_camera Marta Fernández-Tapias fixo entrega do premio ao mellor cartel das Letras Galegas ao IES Castelao.

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, entregou onte ao IES Castelao de Vigo o premio pola súa mostra gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2023 co traballo “Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fernández del Riego”. O galardón foi convocado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e no marco da programación institucional das Letras Galegas posta en marcha pola Xunta de Galicia.

Entregouse un diploma acreditativo do premio ao equipo dirixido por Ramón Nicolás e tamén o cheque de 2.000 euros ao director. Os carteis elaborados polo IES Castelao chegarán a case 2.000 puntos de destino: aos centros educativos de toda Galicia, mais tamén aos centros nos que se imparte galego fóra de Galicia. Durante o acto, varias alumnas do IES Castelao deron lectura a poemas de Don Paco, o escritor homenaxeado.

Te puede interesar