BRAIS COSTAS FRAGUEIRO Alumno de Baiona, número dous de Selectividad en Galicia

“No futuro gustaríame ser profesor de galego, temos moitos prexuízos contra o idioma”

Brais Costas, coa camiseta da escritora Rosalía Castro.
photo_camera Brais Costas, coa camiseta da escritora Rosalía Castro.

 Foi actualidade estes días a decisión de Carlos Rodríguez, o alumno coa mellor nota de España nas probas de acceso á Universidade de estudar Arte Dramático e non un dos graos con notas de corte de infarto.

En Galicia hai un caso semellante. A segunda mellor nota é a de Brais Costas Fragueiro, do IES Primeiro de Marzo de Baiona. Obtivo 9,94 sobre dez  na fase xeral da Selectividade e vai ir estudar Filoloxía Galega.
 

Esperaba esta nota tan alta?
A verdade é que non, hainos mellores ca min.

Qué método emprega para estudar?
Estudo todos os días, pouquiño a pouco.

Elixíu o grao de Filoloxía Galega. Soa a milagre tendo en conta a súa nota. Cómo foi a decisión?
Dende pequeniño sempre quixen ser profe e como o galego sempre me gustou decidín facer Filoloxía Galega e despóis a ver se consigo dar clase polos institutos.

Cre que o galego está sendo maltratado pola sociedade?
Creo que se trata bastante mal, ultimamente sobre todo no ensino. De feito saíu nos medios de comunicación un que decía que os galegos saíamos prexudicados na Selectividad por ter unha asignatura máis, que era o galego. Cando lin aquilo a verdade é que me quedei frío. Por riba que dominamos unha lingua máis e que digan esas cousas xa di moito da situación na que está.

Cómo o defendería?
Qué prefiren: saber unha lingua soa ou saber dúas? Creo que temos bastantes prexuizos contra o galego.

A xente da súa contorna fálao?
Na miña familia falamos todos galego e entre os amigos hai de todo.

Cal é o seu autor favorito en galego?
Eu quedaríame con Rosalía, é un clásico universal. Escribía con moita profundidade.

Qué opina do alumno que sacou a mellor nota de España na Selectividade  e que vai a estudar Arte Dramático?
Paréceme fenomenal, cada un ten que facer o que lle dicte o corazón, non o que lle impoñen nin o que cren que é mellor, porque é ao que vas adicar a túa vida.n
 

Te puede interesar