María Pérez e Sara Faro forman FIllas de Cassandra

Fillas de Cassandra: "O noso estilo aínda non ten nome, xurdiu dun xeito orgánico, é a nosa proposta"

Sara Faro e María Pérez, no set de Atlántico TV.
photo_camera Sara Faro e María Pérez, no set de Atlántico TV.

Fillas de Cassandra acaban de sacar o seu primeiro disco, “Acrópole”, que este sábado presentarán cun concerto na sala Capitol de Compostela. Uns días antes da estrea, as viguesas María Pérez (1996) e Sara Faro (2001) visitaron o set de Atlántico TV para compartir sensacións. 

 

 

Como se recibe a ópera prima despois de tanto tempo de preparación?

(M)Imos facer un ano dende que se comezou a gravar e un pouco máis dende que empezamos a compoñer os temas. Estamos  nervosas e ansiosas, pero moi contentas.

 As cancións falan de mulleres fortes, empoderadas, e o sinal de identidade de Fillas de Cassandra?

(S)Creo que é a vertebra do noso proxecto. Somos dúas mulleres feministas que se atopan, ademais, nunha manifestación e deciden conformar un proxecto común, non podía ser doutro xeito.

 Como se chega a un son tradicional ao tempo que contemporáneo?

(M)As influencias das dúas atoparon un fío común na música tradicional, un pouco mesturada con pop electrónico e  pola miña parte con música clásica.

(S)Xurdiu dun xeito moi orgánico, un estilo que aínda non ten nome e configura a nosa proposta.

 Cada single ven acompañado por un videoclip cunha estética moi coidada e identificable.

(S)Cada vez que compoñemos aparece unha imaxe asociada que cando a poñemos en común, coincide non só cos  temas, senón coa abstracción da canción nas nosas cabezas, é unha visión moi clara. 

(M)Producilo da man de Santi estivo   moi ben porque foi como levalo á realidade. Ao facelo nós coidamos tódolos detalles.

Resulta chocante que Fillas de Cassandra sexa un produto tan pechado cando ten pouco máis dun ano.

(S)Creo que a formación de ambas axuda a que sexamos tan minuciosas no traballo. Eu estudei dirección de escena, e María ximnasia e danza, o que nos dá unha visión do que se verá ver dende fóra antes de producilo.

(M)Sempre dixemos que se o facíamos, faríamolo moi ben. Somos dúas  e motivámonos moi ben, co que ao final as cousas saen.

(S) Tamén somos moi pacientes. Antes de publicar calquera cousa comprobamos que é a identidade do noso proxecto;  o labor e a visión de Santi, o  videografo tamén foi moi importante, aportando o que ve a través da cámara.

Coñecíanse antes de formar este dúo?

 (M)Non. Tiñamos as nosas propostas persoais como Sara Faro e María Soa. A partir de que nos chaman para actuar xuntas xorde este proxecto e a nosa amizade.

 Aínda sen disco, este primeiro ano o dúo actuou en numerosos escenarios.

(S)Foi grazas do boca a boca, non tiñamos nada publicado, nen gravado pero se fiaban e percorremos toda Galicia.

Te puede interesar