LORETTA BIROTT BERMEJO Autora de “O noso Samaín”

“A festa do Samaín non é nengunha invención, é a orixe de todo dende a cultura Celta”

Loretta Birott publicou unha historia do Samaín adaptada aos nenos.
photo_camera Loretta Birott publicou unha historia do Samaín adaptada aos nenos.

 Hoxe celébrase o Samaín e coincidindo con estas datas de Defuntos, a editorial Galaxia ven de publicar “O noso Samaín”. Trátase dun álbum ilustrado no que Loretta Birott, coas palabras, e Nuria Valdeón, cos debuxos, tentan amosar aos máis cativos cal é a diferencia entre o Samaín galego e o Halloween americano. O que comezou sendo un conto para os seus fillos, rematou nas librerías coa complicidade da amiga de ambas, Guadalupe López. Así, tal e como exprica Birott, acabaron facendo o libro que non atopaban no mercado.


Que é o primeiro que teñen que saber os rapaces do Samaín?
Que é o Halloween o que provén do Samaín. É unha festa coa que os celtas celebraban o cambio de estación. Para eles co inicio das colleitas, comezaba o ano novo. Está moi enraizada na cultura dos druidas. Coa chegada do cristianismo, as festas paganas prohibíronse, aínda que se conservaron nalgúns recunchos. En Irlanda, mantívose a tradición que os emigrantes levaron a América e alí fusionouse con otros costumes. O nome de Halloween provén en realidade da contracción de ‘All Hallows' Eve’, que significa a véspera de Tódolos Santos.


Que peculiaridades ten o Samaín galego fronte a outros?
En Galicia foi un dos sitios onde se prohibíu e pasou a celebrarse como o día de Defuntos. Os farois típicos facíanse con nabos e remolachas. Acostumaban a usar as espigas de millo a xeito de cabelo. Co tempo mudan ás cabazas porque polo seu tamaño, son máis prácticas.


Os nenos coñecen diferencian o Samaín?
Hai anos o Halloween empezou a chegar aos colexios, cos disfraces, pero agora estase a recuperar a tradición galega, incorporándose incluso o magosto á festa.


Entón hai resposta para os que din que o Samaín é  inventado?
Pois claro. Esta festa non é unha invención, é a orixe de todo dende a cultura celta. Baseámonos en moitas das teses do profesor Rafael López Loureiro, un coñecedor do Samaín na zona de Cedeira.


Este libro foi escrito para os seus fillos. Gustoulles?
Encántalles. Amáis son os protagonistas. Zoe e Antón van a escola, onde a profesora lles exprica tódalas tradicións relacionadas co Samaín como a de que cada vez que se abre unha castaña, libérase unha alma no purgatorio.

Te puede interesar