vigo

Do lobishome á Coca, o terror galego aínda por explotar

juáncho, cun exemplar do seu catálogo.
photo_camera juáncho, cun exemplar do seu catálogo.
O ilustrador juáncho asina “Na procura do medo esquecido”, un católogo de criaturas mitolóxicas galegas
n n n Juan de la Cruz Castaño Vicente, coñecido artisticamente como juáncho, presenta o álbum “Na procura do medo esquecido”, onde recolle corenta seres da mitoloxía galega. “Galicia ten un patrimonio inmaterial sen explotar; Tim Burton tivo que construir todo un mundo da nada, e aquí xa o temos na nosa cultura”, apunta o autor, quen seleccionou criaturas que provoquen medo coa súa presenza.
Así, están figuras relacionadas con cargos como o Meco que se relaciona co comendador ou con animais fantásticos como a Coca, pero tamén hai personaxes con orixe en asasiños en serie como Sacauntos ou Lobishome Romasanta: “En moitas ocasións aparecen como o mesmo, pero aquí separeinos porque un resulta máis xenérico”.
Otros seres en principio non tan escuros como o Apalpador desvelan a súa cara máis inquedante: “A miña filla déixalle agasallos o Apalpador, pero eso de palpar os bandullos dos nenos na escuridade non deixa de ser algo desconcertante, por iso aquí aparece descontextualizado”.
A literatura ou a historia tamén deron paso a personaxes adaptados á memoria colectiva galega como o Fendetestas, de “O bosque animado”, de Weceslao Fernández Flores.
Nesta escolla a presenza feminina ten unha importancia especial con todo o abano de meigas populares, bandoleiras como Pepa A Loba, personaxes lexendarios como a Raiña Lupa, entre outros. “En tódolos meus traballos reivindiquei  á muller e aquí ten un lugar especial como mullere fortes capaces de meter medo”¨.
Editado por Galaxia, “Na procura do medo esquecido” aposta por unha maquetación moi visual, onde mextura a estética das redes, entre Instagram e Twitter. Quedaron fóra moitas persoaxes que poderían formar novas entregas do catálogo.n 
 

Te puede interesar