Crónica dos cemiterios de Vigo baixo unha óptica artística

Emma Pedreira, filóloga e creadora plástica, propón un paseo polos camposantos dende unha visión máis personal no seu libro “As horas mortas”

A primeira tumba en Pereiró foi a dun rapaz de once anos chamado Xosé Rodríguez, en 1898, ao pouco de inaugurar o camposanto.
A primeira tumba en Pereiró foi a dun rapaz de once anos chamado Xosé Rodríguez, en 1898, ao pouco de inaugurar o camposanto.

Achégase o mes dos cemiteriospor excelencia, novembro e a escritora Emma Pedreira propón un achegamento diferente a estes lugares cheos de espiritualidade. “Hai agora mesmo un auxe do necroturismo pero nós estamos a facer outro percorrido, un que o xunta todo: a memoria, o artístico, a historia e a anécdota”, apunta a autora durante a súa visita a Pereiro. Faino acompañada pola avogada e tamén escritora Isabel Blanco, quen compartirá as lembranzas e as reflexións máis íntimas dun espazo familiar. “Ela prefire chamarlle necrópole, xa que é unha cidade dos mortos. Cóntame que sempre se sentiu cómoda e intrigada neste lugar no que descansan os restos dos seus catro avós e avoas”.

Comezan pola lembranza do primeiro enterramento de Pereiro, o dun neno de once anos chamado Xosé Rodríguez que foi inhumado en 1898 ao pouco da súa inauguración: “Cantas noites e días ficaría só ata irse afacendo aos pasos, aos insectos, á construción doutras tumbas?”. Aínda que nomean a Concepción Arenal e as fillas de José Gil, pasan de puntillas polos próceres do que consideran “unha urbe espello, pero deformante, nel podes ver agrandadas as diferenzas sociais desta cidade”. Comentan a súa estrutura en cruz co cruceiro para a clase preferente, cunha segunda que seguen o perímetro do cemiterio e as dezaseis porcións interiores, simétricas e clasistas.

Destacan o moucho no alto dun panteón, as placas só con nomes simples como Emma o Ysabellita fronte a outras con todo o currículo como a de José Elduayen. O osario, ao que denominan bunker ou o Xardín da Memoria despertan o seu interese. Carlos Oroza, Carme Kruckenberg ou Mercedes Ruibal con Pérez Bellas. Estes últimos descansan en tumbas dialogantes con senllos poemas: “Luz de luna, aunque algún día me vaya, no dejes de ser así. Es sombra mía que me falta” y “Mi recuerdo te abraza, tejiendo nudo a nudo una red con mis brazos”.

A pintora Mercedes Ruibal e o arquitecto Pérez Bellas comparten tumba con dous poemas que se envían mensaxes no Xardín da Memoria.
A pintora Mercedes Ruibal e o arquitecto Pérez Bellas comparten tumba con dous poemas que se envían mensaxes no Xardín da Memoria.

O de Teis é o outro camposanto vigués na selección que Pedreira fai por toda Galicia. Como fai en cada un deles, leva consigo a unha invitada nativa, neste caso, a escritora María Álvarez Landesa, que vencella a súa experiencia aos xogos infantís de cando acompañaba a súa avoa a limpar as tumbas.

As anotacións sobre as vistas ao mar e dos problemas cos corrementos de terra por mor das chuvias inician a visita, onde tamén hai un monumento a Concepción Arenal, aínda que máis modesto. “Aquí case todos os nichos teñen vitrina e son pulcros, limpos e ordenados. Teñen paniños de labor de gancho de encaixe de palillos ou de pano branco”.

Entre as súas anécdotas, comparten unha confesión que lles fai o enterrador xunto aos nichos onde inxectaron formigón nas bases torcidas. “Este cemiterio fornecía de ósos anónimos ao estudantado de mediciña”.

Contenido patrocinado

stats