Corea do Sur abre a porta a Franck Sastre, o artista vigués de orixe francesa
vigo
Un retrato neoexpresionista formará parte da colección permanente ‘Peace again’ do museo da localidade de Gyeongju
Franck Sastre, artista con presencia internacional de orixe francesa e afincado en Vigo dende hai anos, chega ao lonxano Oriente. Así, o museo temático Haegeumgang vén de seleccionalo para formar parte da súa colección permanente “Peace again”. “Estou moi feliz por esta nova, porque é a primeira vez que artisticamente pisaréi esa cidade, amais do que significa ter o meu nome entre os artistas representados”, afirma Sastre en galego, un dos seis idiomas que fala.
O museo que conta co apoio do Ministerio de Cultura de Corea do Sur, monta cos seus fondos exposicións nas súas instalacións, pero tamén organiza propostas itinerantes por salas de todo o país, polo que supón unha boa oportunidade para o vigués de dar a coñecer a súa producción.
A obra seleccionada de Sastre é un retrato de muller neoexpresionista, onde os vermellos rachan cun cromatismo dominado por brancos e negros. Trátase dunha pintura en técnica mixta de dimensións medias, 120 x 100, que co título “Lucce Azzura”: “Representa unha mirada de esperanza ante unha nova luz nas nosas vidas”, explica o autor. Trátase dunha peza realizada durante o confinamento e chamou a atención do xurado que andaba na procura de obras que transmitisen unha mensaxe de paz trala pandemia do covid.
Para Sastre, esta oportunidade ten unha dobre importancia, xa que será o único representante de Galicia: “Son moi poucos os artistas españois seleccionados por este museo e como o galego, aquí vou”. Gloria Grau, artista e comisaria catalana, abríulle o camino cara Asia.
Nado en Périgueaux, Franck Sastre traballa con galerías en Nova York, Palma de Mallorca ou Barcelona, entre outras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último