O Conservatorio de Vigo, listo para o “ErasmusDays”

Mantén o número de alumnado ao incorporar a toda a lista de agarda neste curso que se inaugurará o luns co concerto de apertura

O auditorio David Russell acollerá o luns o concerto de inauguración do curso.
O auditorio David Russell acollerá o luns o concerto de inauguración do curso.

O Conservatorio Profesional de Música de Vigo conmemora a súa acreditación Erasmus organizando actividades no marco da oitava edición dos “ErasmusDays”. É así partícipe da xornada internacional entre os días 14 e 18 de outubro. Poñen en valor os beneficios da mobilidade europea mediante a diseminación dos proxectos do programa Erasmus+, implicando á comunidade educativa e á cidadanía en xeral.

“Comprácenos unirnos unha vez máis a este evento que ten lugar ao longo de todo o planeta, e este ano coa nosa placa de acreditación, pois o Conservatorio Profesional de Vigo celebra a obtención da Acreditación Erasmus, tras lograr a primeira posición a nivel nacional superando a máis de 220 candidaturas na convocatoria 2021”, comunicaron fontes da dirección.

Con ela, convértese no primeiro conservatorio profesional de música de Galicia en lograr esta distinción e pasa a formar parte do reducido grupo que contan cunha delas en España (nesta convocatoria foron só dous conservatorios os que recibiron unha). Dispor da Acreditación Erasmus garante a realización de actividades de mobilidade internacional de xeito regular. Ademais, ofrece a posibilidade de levar a cabo mobilidades cara a terceiros países non asociados ao programa, países de calquera continente. Permitirá tamén ao conservatorio convidar ao centro diferentes expertos do ámbito musical.

O Conservatorio inaugura o curso o luns 14, ás 20 horas, no auditorio David Russell coas actuacións da gaiteira Marina Fernández Vigo e a percusionista Hannah Siebert-Sío, ambas ex-alumnas. Manterá un ano más a cifra de alumnado ao incorporar toda a lista de espera.

Contenido patrocinado

stats