Abel Caballero vai "pitnar a mona" a 'Land Rober'

Televisión

O alcalde de Vigo visitará este xoves o show de Roberto Vilar, espazo líder de audiencia en Galicia

Publicado: 20 sep 2023 - 13:06 Actualizado: 21 sep 2023 - 08:59
Imaxe promocional Land Rober xoves 21 setembro, con Abel Caballero.
Imaxe promocional Land Rober xoves 21 setembro, con Abel Caballero.

O alcalde Abel Caballero acudirá a un novo plató de televisión. O programa 'Land Rober' da Televisión de Galicia recibirá a visita do alcalde de Vigo este xoves 21 de setembro. O equipo do espazo televisivo líder en Galicia asegura que "non faltarán luces" nunha noite onde as risas estarán aseguradas.

Na ficción, 'Land Rober' fará un prendido do Nadal de Vigo con dous electricistas novatos cos que ides quedar pampos. Ademáis, descubrirase tamén que dous afamados artistas se encargarán da cabeceira desta nova temporada e escoitarase a nova versión do "Hei Tunai!".

Coma sempre, con Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Tamara GR, este xoves ás 22.00 horas na primeira canle Televisión de Galicia. Non se trata nin moito menos da estrea de Caballero nun programa de entretemento. Xa noutras dúas ocasións asistiu a 'El Hormiguero' de Pablo Motos en Antena 3. Unha delas como único convidado e na outra xunto co presidente cántabro Miguel Revilla.

Contenido patrocinado

stats