O 25 de abril tamén se celebrou na beira norte

Publicado: 25 abr 2022 - 22:50 Actualizado: 26 abr 2022 - 12:22

Os vigueses lembraron a Revolución dos Caraveis portuguesa.
Os vigueses lembraron a Revolución dos Caraveis portuguesa.

Os vigueses, convocados pola Asociación A Madriña, entonaron “Grândola, Vila Morena”, a canción de José Afonso que servíu de sinal para o levantamento pacífico do exército portugués contra a dictadura de Salazar.

O 25 de abril, festa nacional de Portugal que conmemora a chegada da democracia que tamén se conmemorou á beira norte do Miño. Denominada Revolución dos Caraveis, os participantes á convocatoria de onte reuníronse na Farola de Urzaiz. Non faltaron os caraveis de distintas cores, nen os carteis coa letra da canción.

No acto de irmandade tamén estiveron presentes portugueses residentes na cidade, que se emocionaron co exemplo dos seus compatriotas de 1974, que derrocaron a un sistema autoritario sen disparar unha bala.

Portugueses en Vigo celebran la Revolución de los Claveles el 25 de abril

Contenido patrocinado

stats