A historia de Priegue no quiosco de prensa de Tito
O Concello de Nigrán rende unha homenaxe póstuma a propietaria, María García Domínguez, xa falecida
O Concello de Nigrán rendeu homenaxe póstuma na mañá de onte a María García Domínguez, a que fora a propietaria do coñecido como 'O quiosco de Tito' da parroquia de Priegue e falecida o 7 de xuño de 2021. O Concello elixiu esta data porque este negocio vertebrador de toda unha parroquia se inaugurou o 16 de decembro de 1980.
No acto público, ao que acudíu veciñanza e familiares, o alcalde Juan González descubríu unha placa situada nun perpiaño ao carón do propio quiosco, que leva pechado desde hai sete anos.
"En recoñecemento a súa contribución ao desenvolvemento comercial en Priegue durante preto de 40 anos. A veciñanza de Priegue non esquecerá nunca este quiosco exemplar', di o texto inscrito, que agora quedará dun xeito permanente. O momento máis emotivo tivo lugar cando a súa neta leu un poema escrito pola súa tía Belén e cando 'Tito' recordou a súa muller. Ademais, o grupo de gaitas 'Malaherba' de Eixotolo amenizou o acto, no que tamén participaron veciños.
"Este quiosco forma parte da Historia de Priegue; convertíuse nun centro de reunión da veciñanza, nun lugar onde descubrir cada mañá as noticias e no que charlar. Un pequeno negocio que contribuíu á dinamización social e tamén cultural da zona", sinalou durante a súa intervención o alcalde nigranés, Juan González.
'O quiosco de Tito' (coñecido así popularmente) subministrou durante moitos anos prensa, revistas, cromos, chucherías... a adultos e crianzas de todo o municipio de Nigrán, convertíndose en todo un símbolo de Priegue nunha importante testemuña do desenvolvemento económico da parroquia e da totalidade do municipio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fútbol | Primera división
Vallecas abre por su bien
OBRA DEL ESTADIO
Balaídos elevará el segundo tramo de la cubierta de Gol
MERCADO DE FICHAJES
El Fortuna cierra los fichajes de Hugo Cuenca y Alexis Olmedo