O Concello de Nigrán ofrece unha obra de teatro para “educar en igualdade”

Está enfocada aos adolescentes co fin de evitar a violencia de xénero

Imaxe que amosa unha escea da obra “#2 Pilgrims”.
Imaxe que amosa unha escea da obra “#2 Pilgrims”.

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 18 de agosto, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal a obra “#2 Pilgrims” da compañía Redrum Teatro. A entrada para esta representación teatral que chega ao municipio da man do programa “O teu Xacobeo” é de balde ata completar o aforo. A obra está enfocada ao público adolescente co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero nas súas relacións. Así, neste espectáculo viáxase a través da auto-ficción polo Camiño de Santiago tocando temas como o feminismo, as novas masculinidades ou a importancia actual das redes sociais.

Esta obra de teatro ten coma protagonistas a Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo. Aínda que os sus nomes non resulten coñecidos nalgún momento das súas vidas foron persoas recoñecidas polos seus traballos na televisión. Ela protagonizou a serie Acacias 38, e el foi o neno de Pratos Combinados. A obra relata como, coas súas carreiras acabadas, e nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, ambos tentan buscar unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG.

Contenido patrocinado

stats