Carlos Gómez aposta por unha campaña "en positivo" en Baiona

Carlo Gómez e o seu equipo preséntanse co eslogan “Baiona X diante”.
photo_camera Carlo Gómez e o seu equipo preséntanse co eslogan “Baiona X diante”.
El actual alcalde de Baiona presentó a su equipo de cara a las elecciones municipales del 28 de mayo

Carlos Gómez Prado, candidato socialista á reelección como alcalde de Baiona, presentou onte o slogan de campaña do seu equipo, ‘Baiona X Diante’. “Un slogan que representa o noso compromiso con Baiona e a nosa intención para os próximos catro anos, traballar única e exclusivamente por e para a nosa vila, un compromiso que deberíamos facer público todos os candidatos”, explica Gómez Prado. “Por diante tamén porque toca falar de futuro nestas próximas tres semanas; neste mandato puxemos os piares da transformación que desexamos para Baiona e temos xa proxectos moi encamiñados para desenvolver ata 2027”, engade.

En palabras de Gómez Prado, “preséntome coa máxima responsabilidade e lealdade hacia Baiona, consciente de que o traballo feito nunca é suficiente e co compromiso de traballar a diario para mellorar a vida da veciñanza”.

“As partidas para políticas sociais nunca foron tan altas, Baiona é de novo unha gran referencia turística, impulsamos a humanización da vila e están en marcha proxectos moi importantes como o Pinzón, a rúa Carabela Pinta e a praza Victoria Cadaval de Sabarís, pero queda moito por facer e temos clara a folla de ruta a seguir”, remata Gómez Prado.

Os socialistas de Baiona informarán nos próximos días dos actos previstos para a campaña, con reunións sectorais, accións de porta a porta ou mitins.

Te puede interesar