Podcast 'Quero ser investigadora' da UVigo | Águeda Gómez Suárez e Ana Belén Fernández Souto

As investigadoras Águeda Gómez Suárez e Ana Belén Fernández Souto. // J.M.
photo_camera As investigadoras Águeda Gómez Suárez e Ana Belén Fernández Souto. // J.M.
Águeda Gómez Suárez e Ana Belén Fernández son dúas investigadoras da UVigo protagonistas do cuarto volume do catálogo 'Quero ser investigadora'

Universidade de Vigo acaba de publicar un novo volume, o cuarto xa, do catálogo 'Quero ser investigadora'. Esta publicación, financiada pola FECYT, forma parte das actividades do plan de Ciencia de Ida e Volta, o programa anual de actividades 2023/2024 da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo.

Nesta cuarta edición, ilustrada por Laura Antelo Gómez, difúndese a historia de dez novas referentes. Elas son Inmaculada Anaya Revuelta, Marta Conde Sieira, Laura Docío Fernández, Herminia Domínguez González, Ana Belén Fernández Souto, María Dolores Garza Gil, Águeda Gutiérrez Sánchez, Elena Martín Ortega, Isabel Mociño González e Xanel Vecino Bello.

Hoxe acompáñannos dúas delas nun espazo radiofónico que nomeamos co nome deste catálogo: 'Quero ser investigadora'. 

Águeda Gómez Suárez, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, responsable da revisión da linguaxe inclusiva da publicación nas dúas últimas edicións. Águeda tamén é profesora titular no departamento de Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía, e forma parte do grupo de investigación Saúde, Sexualidade e Xénero, da Universidade de Vigo.

Tamén está con nós Ana Belén Fernández Souto, profesora titular de Planificación estratéxica das relacións públicas e Comunicación de crise e reputación dixital, no Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da UVigo (X14). Ana Belén conta con experiencia en xestión de comunicación, organización de eventos públicos e protocolo.Actualmente forma parte do grupo de investigación de comunicación persuasiva da Uvigo (CP2).

Te puede interesar