Atlántico

UNIVERSIDAD

Francisco Torres, único candidato a decano de Ciencias Xurídicas

Francisco Torres.
Francisco Torres.
Francisco Torres, único candidato a decano de Ciencias Xurídicas
nnn O profesor de Dereito Mercantil Francisco Torres encabeza a única candidatura ao decanato da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. A Xunta de Facultade na que se elixirá ao novo decano celebrarase o vindeiro luns 11 de novembro e, de acadar os apoios suficientes, Torres substituirá no cargo á profesora de Dereito Constitucional Almudena Bergareche, quen fora elixida decana en setembro de 2016.A candidatura encabezada por Torres complétase con Maria Antonia Arias como secretaria da facultade; Belén Fernández Docampo) como vicedecana e coordinadora do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos; Lidia Noriega Rodríguez como vicedecana e coordinadora do Grao en Dereito; Regina Ibañez Paz como vicedecana de Calidade, e José Carlos Orge como vicedecano de Asuntos Xerais e Alumnado.Unha das propostas do seu programa é  a reorganización da estrutura do centro facendo coincidir a figura da coordinadora de grao con cadanseu vicedecanato: un para Relacións Laborais e Recursos Humanos e outro para Dereito. Tamén propón a creación dunha aula de formación legal, un espazo dirixido a toda a comunidade universitaria no que se impartan cursos relacionados coas titulacións do centro e con competencias transversais: software legal e de xestión de recursos humanos, xestión de despachos, comunicación. Contempla asemesmo proposts de normativa e transferencia de resultados, o incremento das asignacións orzamentarias para conferencias/internacionalización e libros ou a reorganización do Plan de Acción Titorial.n