UNIVERSIDAD

Un artigo vigués abre a portada do blog da London School of Economics

O investigador Antonio Sartal.
photo_camera O investigador Antonio Sartal.
n n nUnha chamada da editora xefa da London School of Economics (LSE) Business Review hai tres semanas confirmoulle aos investigadores da agrupación estratéxica Ecobas (Economics and Business Administration for Society) da Universidade de Vigo Antonio Sartal, Miguel Rodríguez e Xosé Henrique Vázquez, o interese do blog da LSE en publicar na súa cabeceira un estrato do seu artigo From Efficiency-Driven to Low-Carbon Operations Management: Implications for Labor Productivity. “Esa chamada foi un momento especial. Logo de tantos anos investidos nunha investigación destas características, o que todo investigador desexa é dar a coñecer o seu traballo e que poida ser discutido polos colegas da profesión. Pero cando ademais disto, salta ao ámbito empresarial e faino da man dun blog con esta repercusión mundial, é, sen dúbida, un motivo de orgullo”, asegura Antonio Sartal, que lembra que a LSE é unha das mellores universidades do mundo en Ciencias Sociais, ademais dun dos centros de referencia do debate político e económico actual. “Pretendemos crear ciencia e para iso precisamos que o noso traballo sexa cuestionado, non só, desde a academia, senón tamén por profesionais que o viven no seu día a día e neste sentido, a investigación que presentamos é especialmente controvertida por que amosa unha realidade que ás veces non queremos escoitar: a loita contra o cambio climático non é gratis. Debemos ser conscientes dos custos que este proceso de adaptación implica, para que os proxectos de descarbonización poidan avanzar con paso firme”, explica o investigador de Ecobas.
Os investigadores sinalan que as iniciativas de descarbonización, “tan necesarias para a loita contra o cambio climático” impactan nas medidas de alto rendemento que sustentan a competitividade de calquera planta de fabricación. 
“No artigo constatamos que, se ben, a descarbonización de procesos mellora o impacto da ‘eficiencia dos materiais’ sobre a produtividade, o impacto da ‘rotación de inventarios’ ou os ‘salarios de eficiencia’ ven minorado o seu efecto positivo sobre o rendemento laboral”, detalla o investigador Antonio Sartal.n
 

Te puede interesar