A TVG estrea "Xeracións": probas divertidas e grandes premios nun concurso por parellas
Televisión
O cociñeiro Iván Mariñas presenta este programa no que parellas de diferentes xeracións se enfrontan para conseguir grandes premios
Este luns a Televisión de Galicia estrea un novo programa. "Xeracións" é un concurso que promete estar cheo de sorrisos e acción onde dúas parellas loitarán por demostrar cal é a mellor xeración de todas e levar así o premio, un coche!
En cada programa dúas parellas enfrontaranse aos retos máis divertidos, tirarse nunha piscina de barro, facer chourizos, fender leña ou facer surf. Tamén terán que demostrar o seu intelecto na nosa batería de preguntas, o Cóctel xeracional, e dalo todo na nosa proba final a Batalla de baile. Todo isto capitaneado por Iván Mariñas e con Luis Iglesias e Jose Torres como xurado.
Neste primeiro programa enfrontaremos a unha parella de “Zetas” cuns “Millenials”, terán que facer chourizos, sen ter nin idea, e comer fideos sen utilizar as mans, teremos momentos moi divertidos e decidirase todo nunha espectacular batalla de baile.
Onde ver: Na CRTVG a partir das 22:50 horas
Contenido patrocinado
También te puede interesar