Bajan en 42.000 los gallegos en riesgo de pobreza el último año
A nivel nacional, Galicia é a décima rexión con menos persoas en situación de escaseza económica
Algo máis do 23% da poboación galega (23,6%) atopábase en risco de pobreza ou exclusión social en 2022, segundo a Taxa Arope, que baixa dende o 25,2% rexistrado en 2021, o que supón un total de 42.000 persoas menos nesta situación. Así se recolle no informe presentado por EAPN Galicia, “O estado da pobreza en Galicia”, que recoñece a mellora dos indicadores con base en 2022, pero que amosa a súa preocupación pola privación material e social dos galegos -comer carne e peixe dúas veces por semanas- xa cara a finais do ano e principios de 2023.
O estudo presentouse onte polo Día Internacional para a Erradicación da Pobreza na sede da Valedora do Pobo, coa propia valedora, María Dolores Fernández Galiño, e con representantes de EAPN Galicia, concretamente coa súa presidenta, Ana Pardo, e o seu director, Xosé Cuns.
Tal e como explicaron, a Taxa Arope (que reúne tres indicadores: risco de pobreza, baixa intensidade laboral no fogar e privación material e social) presenta para 2022 a súa taxa máis baixa do últimos cinco anos, unha cifra 2,4 puntos inferior á media nacional e 1,5 puntos menor respecto ao ano anterior.
Así, máis de 636.000 persoas residentes en Galicia estaban en risco de pobreza e/ou exclusión social en 2022. Tamén alertan de que continúa existindo unha brecha de xénero, xa que 287.000 eran homes (baixa 1,8 puntos) e 348.500 mulleres (baixa 1,3). Por idade, as cifras máis elevadas corresponden aos nenos e adolescentes, cunha taxa que alcanza o 24,7%, aínda que descende “notablemente” respecto ao ano anterior.
Se se establece unha comparativa a nivel nacional, Galicia é a décima rexión con menor poboación en risco de pobreza, situándose así “nunha posición media”. A maior taxa preséntaa Melilla, cun 41,3% e a menor, Navarra, cun 14,5%.
Pensións e limitacións
Das 770.119 pensións que se reciben na comunidade, case a metade, un 47,4% recibe un importe inferior ao mínimo considerado para non ser pobre (560 euros mensuais). En termos absolutos, son 364.814 persoas. Este indicador, dentro da taxa Arope, mide 13 elementos entre os que se atopan: non poder permitirse renovar roupa estragada, ter conexión a internet ou non poder comer carne e peixe dúas veces á semana.
A este respecto, en Galicia prodúcese un lixeiro aumento desta taxa, alcanzando o 6,3% (170.000 persoas). É “especialmente preocupante” o incremento da porcentaxe de persoas que non poden permitirse manter unha vivenda a unha temperatura axeitada, que pasa do 13,1% de 2021 ao 19,4% de 2022.
Tamén aumenta a porcentaxe de galegos que non poden facer fronte a gastos imprevistos, que pasa dun 24,7% a un 29,7%. Aqueles que non poden permitirse unha comida de carne ou peixe cada dous días pasa do 2,1% en 2021 ao 4,4% en 2022. Por último, aumenta a poboación que experimenta dificultades para chegar a fin de mes, sumando un 44,3%.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último