A rúa Alfonso XII de Redondela podería manter o seu nome grazas ao PP e ao BNG

Os populares presentaron unha moción no pleno municipal para que se ofreza a opción de que o vial continúe coa mesma designación

Imaxe que amosa o inicio, e o estado actual, da rúa Alfonso XII.
Imaxe que amosa o inicio, e o estado actual, da rúa Alfonso XII.

O PP e o BNG abriron a posibilidade de que a rúa Alfonso XII de Redondela poda manter o seu nome no rueiro municipal. Grazas a moción presentada polo Partido Popular no pleno municipal deste xoves, e que se aprobou co apoio dos tres edís nacionalistas, será obligatorio que a enquisa popular para elixir o futuro nome da rúa deberá incluír entre as súas opcións o nome do antigo monarca.

Desde a agrupación popular reclamábase que a enquisa popular para elixir o futuro nome desta rúa do centro da vila non poida vetar ningunha proposta e inclúa tamén o nome de Alfonso XII. O BNG, a pesares de defender a eliminación do nome do Borbón do rueiro municipal puntualizou, tal e como recolleu Radio Redondela, que “o democrático é non vetar ningunha das opcións posibles” polo que votou a favor da moción. Non así PSOE e AER quen insistiron en que o xa aprobado o pasado 5 de setembro establecía “o cambio de nome, polo que non hai lugar a que se manteña o actual”.

Os populares fixeron memoria na súa exposición sobre o acontecido na sesión anterior, cando se aprobou unha moción presentada por 20 colectivos de Redondela que foi asumida polo equipo de goberno e na que se establece o cambio de nome da rúa así como someter o nome a consulta da veciñanza a traveés da páxina web do Concello, propoñendo como primeira opción “Rúa da Fraternidade”.

O edil Iván Crespo criticou a falta de talante democrático do goberno local que “na consulta a veciñanza que pretende vetar determinados nomes de rúa e impoñer outros na votación”. Por este motivo, o grupo popular solicitou que dita enquisa “non se vete ningunha proposta que queiran propoñer os veciños, incluíndo o nome actual da rúa”.

Pola súa parte, a nacionalista Jéssica García explicou que o bloque “está de acordo en retirar o nome dun Borbón do rueiro municipal, pero o democrático é que non se censure ningunha das propostas mentres non vaia en contra da memoria histórica”.

Por parte do gobierno local, Roberto Villar, edil de AER, insitiu en que o tema xa quedara resolto no pleno anterior “cando democraticamente xa se votou que se cambiara o nome”. Pola súa banda, a edil socialista, Iria Vilaboa, acusou aos populares de querer enganar aos veciños que asinaron a petición para que se manteña o nome de Alfonso XII e calificou de insensatez “unha moción que é unha pataleta que só busca quentar a veciñanza”. Ata o momento, o goberno municipal non propuxo ningunha data para a publicación de esta enquisa, a cal estará aberta a veciñanza na páxina web do Concello de Redondela.

Contenido patrocinado

stats