A rapazada de Redondela aprende sobre seguridade viaria
O departamento de Participación Cidadá da Policía Nacional está a organizar unha serie de visitas aos campamentos municipais
O departamento de Participación Cidadá da Policía Nacional está a organizar unha serie de visitas aos campamentos municipais de Conciliación. Estas visitas, organizadas en colaboración co Concello de Redondela, teñen como obxectivo que nenos aprendan nocións básicas de seguridade viaria e coñezan as actividades desenvolvidas pola Policía Nacional.
Os axentes encargados desta iniciativa visitan os campamentos cos seus vehículos oficiais, tanto coche como moto, e permiten que a rapazada poida subir a eles e coñecer como funcionan. A alcaldesa, Digna Rivas, visitou onte o curso que se impartiu no campamento do CEIP de Cedeira xunto coa concelleira de Interior e Seguridade, Rita Pérez Táboas. A rexedora agradeceu a colaboración da Policía Nacional e salientou a importancia da dar esta clase de formación aos máis pequenos “porque dun xeito lúdico aprenden as nocións básicas sobre circulación e seguridade”.
Entre os meses de xullo e agosto son preto de 500 nenos os que participan no Programa Municipal de Conciliación para o Verán que é de balde para as familias. Digna Rivas amosouse moi satisfeita coa excelente acollida que ten cada ano esta actividade “que favorece a conciliación familiar e laboral da veciñanza, ao tempo que permite a nenos e nenas participar en actividades lúdicas e tamén formativas, como estas charlas da policía que continuarán nos próximos días e os cursos de primeiros auxilios que xa se realizaron”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último