ALFONSO PATO Director do Festiva de Cans, que será do 2 ao 5 de septembro

“Se algo deixou positivo a pandemia é que nos achegou máis, agora se nos escoita”

Alfonso Pato enfróntase á edición máis complicada do Festival de Cans.
photo_camera Alfonso Pato enfróntase á edición máis complicada do Festival de Cans.
Recoñece ter pasado noites sen durmir ante a incerteza deste ano. Agora, Alfonso Pato, director do festival de Cans, asume que todo podo pasar e terán que adaptarse ao que veña. Ante a inminente conta atrás para o inicio do festival que terá lugar do 2 ao 5 de septembro, Pato compartíu con Atlántico como trancorrerá este ano Cans.

Como lograrán manter a maxia do festival de Cans coas esixencias das novas medidas de seguridade?
Estivo varios meses traballando sobre areas movedizas, e o xeito foi reducíndoo todo ata cumprir coa seguridade. Non vin en ningures que os novos brotes que se están a producir foran no interior dun cine e nunha actuación musical. Cando alguén fai as cousas con responsabilidade, non hai problema. Os bolos de pequeno formato están encaixando bastante ben.
 

E como afecta á programación prevista?
Readaptamos os contidos, reconducíndoos á nova realidade. Este ano tiñamos pensado ter invitados doutros países para dar pasos cara a internacionalización, pero tivemos que o aplazar porque non hai seguridade de que poidan baixar. Os coloquios desenvolveranse con aforos reducidos, pero se emitirán por streaming.
Con todo, invitados como Oliver Laxe, que estará en Coloquios na Leira ou Hendrick Rover contribuirán a manter o glamour de Cans.
A idea é conservar a esencia do festival. Son aforos limitados, 200 pola mañá e 200 pola tarde, sen outras opcións xa que non haberá actividades paralelas e so tomar algo nos bares de aldea. Teremos catro ‘jalpóns’ e manteremos unha mínima representación de chimpíns con catro persoas para facer  icónica foto, faremos as homenaxes a uns persoaxes que daremos a coñecer en breve, tamén entregaremos algunha estrela, amais de encontros e coloquios con 25 e 30 persoas, dentro das normas y con aforos reducidos. Faremos un festival diurno coas actuacións as 21 horas antes da entrega de premios e das homenaxes para evitar as concentracións. A adaptación do festival é froito de moita reflexión e moitos recortes.
 

E a nivel económico, resulta rendible a versión mínima?
Tivemos moita sorte porque o principal patrocinador, Estrella Galicia, mantiveron o apoio e animáronnos en todo cando lles explicamos que non ía poder ser a versión de festival que quedaramos. E se algo positivo deixou a pandemia foi achegarnos máis e atopar maior sensibilidade por parte das administracións. Sentímonos arroupados. Agora nos escoitan, que xa é bastante. O outro día presentouse unha marca provincial que aglutina dende a Deputación a nove festivais de cine da provincia. Son pasos importantes.
 

Outra dos aspectos que caracteriza o festival de Cans é a implicación dos veciños. Segue esa colaboración?
Segue cos máis novos. Quixemos establecer un escudo en torno aos maiores. Pechamos os galpóns con propietarios de máis de 65 anos, tamén retiramos aos conductores de chimpíns desas idades. Recuperamos algunha casa deshabitada. A nosa premisa é protexer aos maiores e non provocar o contacto.n

Te puede interesar