O Nadal Solidario da Xunta de Galicia recibíu onte a visita dos Bolechas. A popular familia, idea orixinal de Pepe Carreiro, desprazouse de novo ata o Tinglado do porto para despedir o ano cos vigueses. Fixérono tras unha parada previa no hospital o Álvaro Cunqueiro, onde estiveron cos menores ingresados. Unha actividade que contou coa participación da delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio Comesaña.
Xa no espazo do porto, sumouse ao pasacalle protagonizado polos seis mediáticos irmáns e o seu incondicional can Chispa, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Tal e como lembraron dende a organización do “Nadal Solidario”, unha singularidade dos Bolechasé tratarse dun proxecto creado e desenvolvido en Galicia e que, amais, utiliza o galego na súa versión orixinal, xogando un importante papel na promoción e difusión do idioma, ata o punto de que moitos menores teñen na casa –e sobre todo no colexio– o seu primeiro e máis intenso contacto co galego a través das súas aventuras, todas elas cun destacado contido didáctico e pedagóxico. Pero ademais, son cultura raíz e contribúen á divulgación e á formación, mediante o pracer e o divertimento dos escolares de educación infantil e de primaria de Galicia. A xornada de onte completouse cunha visita no marco do programa de “Coñece o Teu Nadal” e o jazz da Fundación Mayeusis de Vigo.
A programación trasladase hoxe á Concatedral, onde a Coral Casablanca ofrecerá o “concerto de Campás no Camiño” coa orixinal participación da banda de gaitas Xarabal, tal e como recordou Corina Porro. Amais da Colexiata, participarán tres igrexas máis de Vigo: San Francisco, Santiago de Vigo e Fátima.