+ deporte

Os roteiros vigueses énchense de pedaladas

A praia da Punta e os seus arredores permitiron ós ciclistas respirar o aroma mareiro mentres pedaleaban.
photo_camera A praia da Punta e os seus arredores permitiron ós ciclistas respirar o aroma mareiro mentres pedaleaban.
O pasado venres as 'Bici Rutas de Outono' impulsaron a 150 ciclistas a gozar das súas monturas de dúas rodas por diferentes zonas da cidade olívica
Unha mañá outonal de bo tempo nun día festivo. Un escenario perfecto para os amantes da bicicleta, que puideron gozar o pasado venres, día da Constitución, da segunda xornada das 'Bici Rutas de Outono', organizada polo CC Vigués e o Concello de Vigo sen maior pretensión que pasar un bo rato montado sobre dúas rodas.
150 ciclistas de tódalas idades e diferentes niveis de habilidade déronse cita para percorrer uns kilómetros e gozar da compañía, do esforzo de dar pedais e da recompensa posterior en forma de charla e dun sorteo de distintos agasallos para os participantes.
Teis foi o núcleo principal da xuntanza non competitiva. Dende García Barbon, na Praza dos Atletas vigueses, os deportistas percorreron diferentes partes do emblemático barrio, dende unha ascensión ó monte da Guía ata unhas pedaladas polo paseo da praia da Punta, con varios descensos por pistas forestais incluidos.  Tamén houbo tempo para rodar con forza por Sanjurjo Badía e a Avenida de Galicia e serpentear polas estreitas rúas do corazón do barrio, arredor do parque da Riouxa. Unha xornada de exercicio, amizade e diversión baixo o sol, que tamén compareceu na mañá máis constitucional.n

Te puede interesar