PONTEVEDRA

A provincia chegará a 170 composteiros comunitarios

O obxectivo é que o 2020 se convirta no ‘Ano Revitaliza’.
photo_camera O obxectivo é que o 2020 se convirta no ‘Ano Revitaliza’.
O Plan Revitaliza da Deputación pechou 2019 á alza, con 127 composteiros comunitarios instalados e 5.545 individuais repartidos
Que a compostaxe se está a converter en algo global na provincia é algo anunciado e comprobado con datos. No ano 2019 a Deputación, ao abeiro do Plan Revitaliza tiña repartidos 127 centros de compostaxe comunitaria e outros 5.545 composteiros individuais nos concellos. Estes números medrarán significativamente no ano que acaba de comezar, facendo que a veciñanza composte os seus biorresiduos en ata 170 centros  comunitarios e en preto de 7.100 individuais,  según as contas  do persoal técnico provincial. 
O obxectivo é que o 2020 se convirta no ‘Ano Revitaliza’ e, por un lado, que os concellos que aínda non deron pasos adiante se animen e comproben as bondades do modelo, e  por outro, que aqueles que xa están máis adiantados sigan avanzando para consolidar a súa xestión e cumprir as obrigas legais canto antes. A cidadanía, ademais, está a empurrar para que as administración locais sexan máis sostibles, xa que na maior parte dos concellos onde se fixeron xornadas informativas sobre compostaxe, creáronse listas de agarda de veciños e veciñas. Estes amosaron o seu interese en reciclar o lixo orgánico en futuros centros de compostaxe comunitaria (CCC) e en ter composteiros individuais (COIN).
Os concellos nos que máis se están a notar os resultados da compostaxe e a súa influencia na reciclaxe do resto das fraccións son os que están a traballar na coñecida como Liña 2: os que recibiron axudas económicas da Deputación para extender o sistema con medios de titularidade municipal. O caso de Vilaboa vai incluso máis adiantado, xa que ademais de ser o que proporcionalmente ten máis composteiros repartidos, está a traballar na modificación da ordenanza de lixo. Alí están instalados 14 centros de compostaxe e a previsión é chegar aos 1.200 composteiros individuais entregados ás e veciños con casas con horta.
En Pontevedra as cifras en 2020 pasarán dos 25 centros de compostaxe actuais a 30, chegando aos 800 composteiros individuais repartidos no exercicio. No Grove a previsión é ter 11 CCC e alcanzar os preto de 600 individuais; mentres que en Mondariz e Mondariz Balneario prevense 13 e 10 CCC, e 900 composteiros individuais e 100, respectivamente. No caso de As Neves os centros comunitarios instalados manteranse nos cinco actuais e os COIN a entregar subirán aos 1.104.
Nas novas incorporacións de concellos á Liña 2, o obxectivo é que Poio instale o seu primeiro comunitario e preto dun cento de individuais, para seguir coa Illa, que subirá a tres os CCC e chegará ata os 715 COIN repartidos. Tomiño, pola súa banda, ampliará a tres os comunitarios e chegará a 300 os individuais. 
Outro dos obxectivos da equipa Revitaliza provincial, coas mestras e mestres composteiros á fronte facendo o traballo técnico e de concienciación porta a porta da veciñanza, será aumentar as instalación de centros comunitarios nos concellos que xa dispoñen de algúns. n

Te puede interesar