O galego cobra presenza nos asistentes de voz, correctores e tradutores

Núñez Feijóo, durante a presentación do proxecto "Nós" de intelixencia artificial.
photo_camera Núñez Feijóo, durante a presentación do proxecto "Nós" de intelixencia artificial.
A lingua salta ao mundo dixital co proxecto "Nós" de intelixencia artificial

A lingua galega prepara o seu salto ao mundo dixital grazas ao proxecto "Nós" de intelixencia artificial, que se propón que o idioma propio de Galicia poida ser empregado con asistentes de voz e que tamén o detecten outros sistemas como correctores, tradutores automáticos e outros procesadores de texto. Xunta, Universidade de Santiago de Compostela (USC) e entidades privadas colaborarán cun orzamento público inicial de 15,5 millóns de euros para o período 2021-2025. A idea é "arrastrar" en total 45 millóns de euros -a través de produtos tecnolóxicos- e crear "de forma directa ou indirecta" uns 450 postos de traballo, segundo destacou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.
Feijóo presentou onte na Cidade da Cultura este proxecto, que opta a fondos europeos para a recuperación da crise do covid ("Next Generation"). En calquera caso, segundo avanzou, "non ten marcha atrás" e desenvolverase con ou sen eles, aínda que a obtención deste diñeiro posibilitaría que o avance sexa "máis rápido". "Garantirá que a cidadanía en Galicia poida participar no mundo dixital sen renunciar á súa lingua", proclamou o titular do Goberno autonómico.

En concreto, "Nós" consistirá na articulación de recursos lingüísticos dixitais de calidade en galego, gratuítos e en código aberto, que poderán usar empresas, institucións e particulares. 

Estes recursos serán, en primeiro lugar, un sintetizador de voz, que permita a terceiros incluír nos seus produtos voces artificiais de alta calidade en galego e posibilite escoller xénero, idade, etcétera. Un segundo apartado será un reconocedor de fala que permita a interacción persona-máquina ou a substitución automática. O terceiro, un xerador de lingua natural, que converta datos estruturados en oracións en galego, tanto textuais como orais.

Te puede interesar