Vigo

Cinco espectáculos para pechar o ano 2023 no Auditorio Mar de Vigo

Unha representación de 'El Cascanueces'.
photo_camera Unha representación de 'El Cascanueces'.
As propostas escénicas desta última quincena do ano aborda tódolos xéneros, dende ballet ó circo, pasando por música clásica

O Auditorio Mar de Vigo despide o ano con cinco propostas escénicas nas que abordará tódolos xéneros. Este sábado represéntarase o ballet “El Cascanueces” de Tchaikovsky segue a demostrar que un dos seus valores fortes é a preservación da tradición. Tamén volverán cobrar vida as cancións da lendaria banda de rock Queen con The Vipers o 27 de decembro.

As orquestras clásicas e as mellores músicas de cine serán protagonistas dentro da programación do Mar de Vigo. A Hollywood Symphony Orchestra trae o seu show “John Williams & Hans Zimmer” o 26 de decembro, onde repasan a obra destes dous xenios das bandas sonoras.

Pero sen dúbida, os plans en familia serán protagonistas indiscutibles este Nadal. Por unha banda, o Gran Circo Acrobático de China fará escena en Vigo para regalarnos un espectáculo único polo Nadal. Tras arrasar en Estados Unidos con máis de 30 grandes artistas en escena, entre eles, medallistas olímpicos e do Cirque du Soleil, estará en Vigo os días 23 e 24 de decembro con tres funcións. Os máis pequenos da casa poderán emocionarse tamén cos seus persoaxes favoritos de La Granja de Zenón, que trae ata o Auditorio “El Gran Gallo”, un espetáculo novo que contará con dúas sesión o 30 de decembro.

As entradas para todos os espectáculos están á venda en www.teuticket.com.

Te puede interesar