Xabier Pérez Igrexas, candidato do BNG ás eleccións municipais

Xabier P. Igrexas: "Non temos límite; estou convencido de que imos ser a sorpresa da noite electoral"

Xabier Pérez. Igrexas visitou Atlántico pola campaña electoral.
photo_camera Xabier Pérez. Igrexas visitou Atlántico pola campaña electoral.

Xabier Pérez Igrexas preséntase por segunda vez como cabeza de lista do BNG. Natural do Val de Fragoso, as enquisas sitúano á alza, aínda que recoñece que o escenario político aínda se atopa moi aberto. 

 

 

Como está a vivir a campaña electoral?

Estamos a vivir unha campaña moi intensa pero cunha vibración moi positiva. Estamos a velo a pé de rúa pero tamén unha intensa precampaña que estivemos a desenvolver nos barrios e parroquias. A onda de simpatía ao BNG na rúa non deixa de medrar. Miran cara a unha alternativa aberta que conecta con milleiros de vigueses que non se conforman co mesmo. E saben e senten que Vigo merece máis. 

As enquisas mostran unha tendencia á alza do BNG?

Sempre lemos as enquisas con enorme respecto e atención, pero sabendo que só son elementos que permiten medir. Si verifican todos é que somos a forza á alza, e encaramos con todo o entusiasmo. Non temos límite, estou convencido que imos ser a sorpresa da noite electoral, e volver ser determinante na maior cidade de Galicia. 

A  vivenda é un dos principais problemas en Vigo. Que medidas propón?

Cada vez un maior número de mocidade é expulsada porque non se pode permitir o luxo de vivir na cidade. Os alugueiros aumentáronse un 50% nos últimos anos, cuartos compartidos a prezos desorbitados, prezo medio de 700 euros...e moi grave, hai que frear en seco o fenómeno dos pisos turísticos. Desde o Concello pódese e débese facer unha política de vivenda, utilizando ese parque de vivenda e dotar de gran parque municipal de vivenda social e protexida, cun compromiso concreto, dotar Vigo como como mínimo 300 vivendas antes do 2023. 

 Na mobilidade urbana, que necesita a cidade?

O gran reto que temos é a proposta de  avanzar cara a unha cidade máis habitable e verde. Incentivar o transporte colectivo porque hoxe Vigo non ten un autobús urbano á altura dun mapa de 300.000 habitantes. Queremos unha cidade onde as persoas gáñenlle espazo aos coches. 

A xuventude, ten moito que dicir nestas eleccións?

Viron como lle deron as costas desde o Concello. Cancelouse Súbete ao Castro, Castro Concertos e pechou o punto xove. Precisan e merecen algo máis que uns poucos concertos que teloneen o alcalde de quenda. Necesitan políticas laborais e desde o BNG queremos multiplicar por catro o plan municipal de emprego. Non podemos seguir expulsando a esa xeración, que todo o mundo indica que é a mellor preparada da historia pero ninguén a quere reter. Temos que blindar o dereito irrenunciable de poder vivir dignamente nun traballo na nosa terra e na nosa cidade.

Ten Xabier Igrexas un espazo favorito en Vigo?

Vigo ten unha chea de recunchos preciosos para gozar, pero hai un que me marca especialmente porque son un vigués do Val de Fragoso, na contorna de Balaídos e tiven o luxo de criarme nun dos mellores parques como é Castrelos. Por iso dóeme tanto ese arboricidio que estamos a sufrir nos últimos anos. 

Que merece Vigo?

Políticas municipais que atenda á sociedade e aos problemas reais da cidade. Hai que devolverlle a voz os veciños, cun Vigo de futuro.n

Te puede interesar