Raúl Ben: "Non entendo que un intérprete saque un disco e non o defenda en directo"

Raúl Ben, músico

Raúl Ben (Porriño), cantautor, productor musical e arreglista, visitou o set de Atlántico TV para promocionar o concerto deste domingo

Publicado: 23 jun 2023 - 03:00 Actualizado: 24 jun 2023 - 10:26
Raúl Ben, no set de Atlántico TV.
Raúl Ben, no set de Atlántico TV.

Raúl Ben (Porriño), cantautor, productor musical e arreglista, visitou o set de Atlántico TV para promocionar o concerto deste domingo, unha débeda pendente co seu disco debut, “Consejos vendo”.

Con algo de atraso subirá en dous días ao escenario do auditorio de Torroso en Mos para un formato moi especial.

É un concerto pensado como recompensa a unha campaña de crowdfunding que tivo lugar 2019, antes da pandemia, pero quedou pendente polo tema covid. Pero nesta ocasión, vou acompañado pola banda e vai haber invitados. Creo que podemos lograr unha atmosfera moi íntima.

É un modo de lle facer xustiza a este disco?

Houbo moita xente que sacou disco en plena pandemia. Agora teño musica nova e preciso pechar unha etapa sacando novos temas en setembro. Pero este disco merece un concerto que será de presentación e de despedida ao mesmo tempo.

Supoño que para un creador unha situación como a vivida na pandemia deixa pegada na súa obra.

Eu fun cero produtivo na pandemia, tiven moita seca compositiva, non me atopa nese momento. Mais de todo se pode sacar algo positivo, xurdiron outros temas que tamén merecen saír a palestra.

Amais de compositor e produtor, como se leva non ter un selo discográfico que avale a traxectoria profesional?

Hai que tentar moverse todo o que se poida. Ten as súas vantaxes e as súas desvantaxes, agora contamos con ferramentas como as redes sociais e as plataformas, que o fan moito máis sinxelo que hai uns anos. O malo é que hai que facer tódalas funcións, cando se hai unha discográfica só temos que estar centrados en ser unha marca e un concepto consolidado. Aínda que non cheguemos a tanta xente, temos ilusión e as cancións están ben. Hai que seguir tirando.

Como di, existen as plataformas e o formato single está de moda. Por que segue apostando polo formato físico?

Aposto polo formato físico e sobre todo, pola música en directo. Cada vez vemos menos artistas no escenario; moitos quedan nas plataformas dixitais onde conseguen moitos numeros pero sen tocar. Eu creo que o espírito da música está no directos e os artistas cos que traballo tamén pensan o mesmo. As administracións e o público ten que apoiar os concertos, principalmente de artista emerxentes. Non entendo que un intérprete saque un disco e non o defenda en directo.

Agora que xa se está a face oco neste mundo, como foron os seus comezos?

Empecei coa guitarra con 15 anos porque a miña nai a tocaba. Sempre tiven inquedanzas de compoñer a miña propia música, os primeiros bolos foron en grupos con amigos. A miña carreira, se se pode chamar así, despegou en 2018 no cásting de Operación Triunfo. Alí coñecín xente que compartía a miña forma de vida. Iso deume forza para sacar disco. Tamén me metín noutra faceta da música, a das labouras de produción, que me gusta.

De feito, entre os artistas que produce está Carla Lourdes, cantante revelación.

Toca no The Wild Fest en San Miguel de Oia o luns tamén estará en Vigo. Amais levo a Javier Lago,a Niño Lobo e moita xente que confía no meu traballo. Estou moi contento.

Comentou a importancia que tivo o cásting de OT na súa traxectoria. Tentaría de novo entrar nun concurso de talentos?

Agora mesmo tema da televisión non me apetece. Penso que hai moitos xeitos de chegar á xente, teño gana de sacar un disco novo e gústame tocar en directo.

Contenido patrocinado

stats