Lara Cortizas: "Toda a cidadanía podemos loitar contra as inxustizas no noso día a día"

Lara Cortizas en el set de Atlántico TV.
photo_camera Lara Cortizas en el set de Atlántico TV.
Esta iniciativa de Ecoar Global pretende analizar a complexa situación na que se atopan os sistemas social, político, económico e cultural

Do 20 ao 23 de marzo terán lugar as xornadas “Sociedade en venda: violencias corporativas e resistencias colectivas” no Café de Catro a Catro. Esta iniciativa de Ecoar Global pretende analizar a complexa situación na que se atopan os sistemas social, político, económico e cultural.

 

 

Por que se organiza esta xornada dende Ecoar?

Vivimos nunha sociedade globalizada na que más de dous terzos da riqueza son grandes corporacións. Isto vai a máis, cada vez hai máis acumulación de poder e de cartos por grandes empresas, e esto ten un impacto real sobre a vida das persoas, os dereitos humanos e o medio ambiente. Creo que ante esta deriva, xurde a necesidade de coñecer e analizar como funciona isto e que alternativas temos.

Que ponentes darán esas claves?

Temos oito persoas tendo como base que o poder corporativo ten catro alicerces, que son o legal, económico, xurídico e mediático. Así, veñen dende xornalistas como Hibai Arbide Aza, que é experto en confictos internacionais; tamén abogadas, como Sara López Martín, do colectivo Comisión Legal Sol. Do eido político ven Oskar Matute, político e activista vasco cunha longa traxectoria. Son todos expertos e con moita experiencia no seu eido.

 Ecoar ten actividade todo o ano, quen sodes Ecoar?

Está formado por persoas que entendemos o activismo como forma de vida. Isto fala do grado de compromiso e de especialización que temos, é dicir, xente que entendemos que toda a cidadanía podemos loitar contra as inxustizas e no noso día a día. Facemos acción directa, sensibilización e información, como estas xornadas. 

Quen inicia o movimento?

Non hai persoas fundadoras, senon que é algo que ven de lonxe. Como dende o Nunca Máis. Empézase a conformar máis a partir do 2011. A nivel global hai varios movementos, aquí podemos pensar no 15M, pero tamén Occupy ou as primaveras árabes. A raíz de ahí en Vigo empézase a confirmar o que vai ser Ecoar Global.

 Con quen colaborades?

Estivemos contra a eólica e contra o gas fósil en Galicia. En movementos internacionais como Ende Gelände en Alemania (alianza europea antinuclear e anti-enerxía do carbón). Contra cumios da Cop no ámbito do ecoloxismo. Nos movemos no campo de ecoloxismo, dereitos humanos e o anticapitalismo.

Onde queredes chegar?

Temos unha visión do mundo onde todas as persoas poidan vivir, que se respeten os dereitos humanos, o medio ambiente e a vida sexa tratada de xeito xusto e as persoas poidan vivir con dignidade.

Te puede interesar