Eladio Santos, líder de Eladio y los Seres Queridos

Eladio Santos: "Non perseguimos unha persoalidade definida no son"

Eladio Santos, no set de Atlántico TV.
photo_camera Eladio Santos, no set de Atlántico TV.

Eladio y los Seres Queridos volve tocar en Vigo. Farao hoxe na sala Reverb, o vello Ferré de Areal. Eladio Santos, voz e guitarra da banda, visitou AtlánticoTV para falar da situación pola que pasa o grupo.

 

 

Xa cumpría un concerto na cidade.

A última vez que tocamos foi no 2021 na festa de San Roque, con todo o mundo sentado e con máscara. Tiñamos ganas de actuar nun local, con todo mundo abrazándose  e bicándose.

Nese repertorio van tocar “O Sacristán de Coimbra”, a última versión que veñen a presentar.

Vai pertencer a un disco editado por Deleite, no que invitan a un montón de grupos galegos para que interpreten clásicos da nosa música. As primeiras cancións nas que se pensa son as típicas de Andrés do Barro ou Juan Pardo, pero a do Sacristán forma parte do subconsciente colectivo, todo o mundo a ten na súa memoria, é patrimonial. A miña nai sempre a canta e como pasa cos temas moi populares, cambialle a letra, dicía “e bate fado e bate ben, ti ére-la causa do meu querer”, pero en realidade é “a causa do meu desdén”.

Eladio y los Seres Queridos xa fixo 18 anos. Como se leva esa maioría de idade?

 Xurdimos no verán de 2005 e pasamos por varias etapas, ata 2011 eramos tres sen batería, xirabamos por toda España, viaxabamos en coche, saiamos baratos e chamábanos para telonerar. Daquela eramos Elodio y Seres Queridos. A partir de 2011, en que sacamos “Están ustedes unidos”, fixémonos máis coñecidos. Non temos moi claro se neste tempo temos seis ou sete disco porque un, “Cantares”, era de versións.

Precisamente “Cantares” recibiu o Premio Min, mais non foi  único recoñecemento ao seu traballo.

Temos uns cantos Maketóns, dous Martín Códax e este que foi moi especial, da Música Independente. “Cantares” graveino eu sosiño na casa, ao comezo non tiñamos a idea de que era un disco, pero quedou tan ben que decidimos facer 200 copias para vender como agasallo de Nadal. No primeiro punto de venta, unha feira en Pontevedra, durou un cuarto de hora, agotámolo. Esto deunos moitos ánimos para gañar independencia y facer os nosos discos.

Como cambiou o son do grupo?

Sempre tivemos moita variedade, hai moita xente di non nos pega nada interpretar temas como “O Sacristán de Coimbra”. Nunca perseguimos ter unha personalidade definida no son, creo que a temos igual, sempre se nos recoñece; o que queremos sobre todo é facer cancións bonitas, xa pode ser un pasodobre ou un tema heavy. 

Sen etiquetas?

Na música moderna é todo pop, todo o que teña unha estrofa, é válido para Metallica ou A Roda. Pode que no século XXV estea toda  no mesmo caixón, non son tan diferentes. Unha canción se pode tocar cunha guitarra, cunha campada, imos dun son a outro, non buscamos unha unidade. 

“Tiempo futuro” (2011) foi un dos temas que máis enganchou.

Tiña moito de chantaxe emocional. Alberto Vaamonde fixo un vídeo con imaxes da cidade. Sabía que as primeiras 50.000 visitas conseguirían moi axiña. Funcionou moi ben, fala de ter unha ilusión na vida e perseguirla. Sempre chegan comentarios como que a nosa canción sonou nunha voda, que a puxeron en tal sitio o que a cantaron uns nenos. Todo iso significa moito para nós.

É complicado vivir na música?

Hai que ser un pouco inconsciente, non ter medo. Se se calcula todo, é moi difícil, o problema é a incerteza de non saber de que se vai vivir. Antes as familias tiña outra mentalidade, buscaban seguridade, ter a casa pagada, neste século cambiou moito. Eu vivo para a música máis que da música. Fago producións e publicidade. Vou sobrevindo.

Esta entrevista non pode rematar sen falar da súa complicidade con Tony Lomba.

É incrible, Tony é como unha “drogha”, levo 30 anos dicindo que esta é a última, pero é imposible. Xa nos une unha química persoal moi grande, quedamos e sempre facemos unha canción, ríome moito. Cando vou tocar con el, son un espectador máis, facemos un guión, logo non o sigue, as letras improvísaas. Entendo que para o público é moi liberador ir a un concerto que sen normas.

Te puede interesar