gimnasia acrobática
Bruno y Teo, del Flic Flac, sextos en el Mundial de acrobática
Unha vitoria clara e contundente. Probablemente, o inicio do camiño hacia o título da Liga Galega A. Samertolameu obtivo onte a primeira posición na Bandeira Baía de Mera e, sobre todo, superou en 16 segundos a Bueu, o seu gran opoñente no comezo de curso pero que onte cedeu de xeito claro. Terceiro triunfo parcial para “A Terca”, que xa dispón de tres puntos de renda sobre o barco tamén morracense, pero da Ría de Pontevedra.
A regata, pese as previsións meteorolóxicas, presentouse cun mar en absoluta calma que, sobre o papel, favorecía a maior fortaleza do barco moañés e o seu técnico, Dani Pérez, apostou por unha tripulación de moitos watios. Xuntou os seus homes grandes no medio e a emoción durou un longo. No primeiro rego, aguantou a tripulación buenense. As dúas traiñeiras pasaron pola baliza cun parcial de 4:44. Un feito que podería avanzar unha fermosa loita, pero esta quedou en nada porque, no ecuador da regata, Samertolameu xa mandaba por seis segundos. Proba rachada de xeito definitivo. Quedaba por coñecer a renda que tería o barco morracense ó final da Bandeira Baía de Mera a distancia marchou ata os 16 segundos, unha diferenza ampla e que pode ser un duro golpe para Bueu, que buscará hoxe (O Grove, 11:15) mellorar prestacións porque onte estivo lonxe do líder da Liga Galega.
Detrás das traiñeiras do Morrazo existe outra loita que pouco ten que ver coas vitorias, que parecen moi lonxanas para o resto de embarcacións. Pueba foi terceira onte por diante de Mecos e a traiñeira filial de Cabo da Cruz. Na xeral, é a embarcación do Grove a que marcha na terceira praza. Pola súa banda, a cita de Mera contou coa baixa de Cesantes, que rexistrou un positivo por Covid na súa tripulación. Tampouco estará hoxe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
gimnasia acrobática
Bruno y Teo, del Flic Flac, sextos en el Mundial de acrobática
fútbol | DIVISIÓN DE HONOR JUVENIL
A Madroa dicta sentencia
MUNDIAL DE TRIAL
Broche de oro de Marcelli