Ciclocross

A proba de ciclocross en Ponteareas, entre o barro e a follaxe

A Copa Galicia de ciclocross parou onte en Ponteareas.
photo_camera A Copa Galicia de ciclocross parou onte en Ponteareas.
Miguel Rodríguez, que superou a Samuel González, e Carla González acadan a vitoria na estrea do trazado de Bouza Vella no trofeo ponteareán de ciclocross Borja Gómez

Historial e calidade. O trofeo Borja Gómez-co propio Borja Gómezna proba- de ciclocross disputado en Ponteareas estreou onte o trazado confeccionado no parque de Bouza Vella, que tiña zonas técnicas, un pouco de lameiro e tablóns, pero que rematou como podería esperarse tras ollar as listaxes de saída do evento. 

En homes, o local Miguel Rodríguez, que está centrado na Copa de España e nas probas internacionais, debutou esta tempada no certame de Galicia e o fixo cunha vitoria man a man ante Samuel González. O vigués, que manda na xeral con man de ferro, tiña a complicada misión de superar ó mellor especialista galego da actualidade. Unha liorta na que González saiu na primeira posición e Miguel Rodríguez (1h 03:04) aguantou a súa roda con tranquilidade ata que chegou o momento de trocar o ritmo. Gañou cunha renda de quince segundos e como primeiro sub-23. O ciclista olívico foi o primeiro élite e, tres minutos despois, cruzaba a liña de meta o gondomareño Ricardo Buba (1h 06:06). 

En mulleres, a viguesa Carla Fernández (50:18) acadou a vitoria para aumentar a renda no liderado da Copa Galicia e o fixo nunha proba na que a júnior porriñesa Aroa Otero puxo o punto de calidade e sorpresa porque cruzou a liña de meta na segunda posición (50:44) e superou a dúas corredores sub-23. Terceira rematou a tamén porriñesa Laura Mira (51:56) e cuarta, a ponteareá Uxía Soto (52:07). 

No referente ós cativos, Martín Díaz (Caimanes) obtivo o triunfo en júnior (45:29), mentres que en cadetes rozaron a vitoria os ciclistas do Ponteareas. Alba Gregores cruzou a liña de meta a cinco segundos de Xiana Seijo (Caimanes, 36:00) e Xián Alvariño cedeu 18, respecto a Lucas Lozano (XSM).depor

Te puede interesar