Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Traineras
A esperanza de Tirán durou pouco máis dunha noite e o traslado de Guipuzkoa a Bizkaia. O penúltimo posto e, sobre todo, as boas sensacións amosadas na mar brava do sábado en Donostia diluíronse nunha mañá chumbiza en Zierbena, na que as augas, planiñas coma un prato, retornaron á “Mosqueira” ó seu menú habitual na Liga ACT. Sen opcións, o bote moañés foi o pechacancelas da regata, igual que tamén o é na clasificación xeral.
Despois do de onte, inda máis. Porque o bo rendemento de Hibaika deixouna sexta, con Cabo entre o bote de Rentería e o moañés. Traducido en puntos quere dicir que xa son cinco os que Tirán perde co barco guipuzkoano e seis co de Boiro.
Deste xeito, as remeiras morracenses regresaron a casa cunha sensación agridoce, pero tamén cunha idea clara que deixou a fin de semana: se a mar está brava, con moita onda e vento, poden competir; mais, se está planiña e sen maiores complicacións, a diferencia de watios non minte.
Na súa quenda, a primeira da Bandeira Endinor, Hondarribia mandou con claridade. Por detrás, Hibaika, Cabo e Tirán entraron en dez segundos. A “Mosqueira” vogou con moita forza no longo de ida e chegou á ceavoga en segunda posición. Na volta á terra, pagou o esforzo. Barbanzanas e guipuzkoanas levaban máis gas e adiantaron ó barco azul, que chegou baleiro ó último cuarto de regata. Lamentablemente, o prato do día habitual.
Na quenda de honra, Arraun Lagunak repetiu un dominio que este ano apunta a ser incluso máis autoritario que o pasado. Desta volta, a canguesa Bea Piñeiro quedou en terra, mais as súas compañeiras superaron con comodidade a Tolosa, de novo segunda, e a Orio, coa tamén canguesa Vicky Piñeiro na proa do barco. A Donostiarra foi cuarta nun final apretado, con tres botes en dous segundos.
A regata masculina tamén cumpliu cos prognósticos. Mais, polo medio, houbo máis que contar. Porque, da primeira quenda á última, o vento subiu. Non o suficiente como para ameazar as xerarquías, pero si para animar a última regata, na que unha remontada espectacular de Hondarribia surfeando varias ondas puxo en xaque a vitoria de Urdaibai. Sen éxito. Bermeo apretou ó final e mantén o pleno. A Zierbena do moañés Dani Pérez foi terceira na casa; Cabo, que deu un moi bo rendemento, foi sétima; e Bueu, de novo afundido, repetiu coma pechacancelas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada