Gimnasia Trampolín | Mundial
Melania Rodríguez pasa el primer corte
Un paso adiante o sábado e tres de retroceso onte. A actuación de Tirán Pereira onte na Ikurriña de Getxo foi mala. Ata, incluso, preocupante nunha regata que era propicia para os barcos da primeira quenda porque un pequeno aumento de vento e o cambio de marea dáballe unha certa renda sobre o resto de botes. Aproveitouno Ares nunha boa xornada pero non a “Mar do Con” que, nun bo carreiro, realizou unha regata pobre para finalizar na última praza por primeira vez este curso e afastarse da permanencia que marca a traiñeira de Ferrolterra con 25 puntos polos 20 do bote moañés e os 16 de Zarautz, pechacanceles e en descenso directo.
Aínda queda moita tempada por diante, pero os tres barcos sinalidos por loitar pola permanencia, parecen claros e deberán buscar nas vindeiras semanas que Lekitarra tamén entre en problemas. É unha opción porque o resto de traiñeiras están un par de pasos por diante. Onte en Getxo aproveitou a xornada Ares para realizar un papel notable na quenda inicial da xornada. Mandou dende a saída Ondarroa e os remeiros de José Manuel Pélaez mantiveron o pulso con Santurtzi para marcharse no ecuador da proba. Mentres, por detrás, Tirán Pereira loitou por non ceder ante os seus predecesores para tentar facer unha remontada similar á do sábado na segunda metade da regata. Pero en Getxo a historia foi diferente e a traiñeira moañesa quedou moi rezagada, estoupou a nivel físico e, sobre todo, amosou uns problemas de sincronización notables, que lastraron o seu avance e que debe solucionar Benji Vázquez con urxencia para que a “Mar do Con” mellore o seu nivel. A tripulación moañesa ten como obxectivo manter a categoría, iso é algo coñecido porque o equipo está lonxe de ser dos máis fortes da liga, pero debe correxir aspectos básicos porque a capacidade técnica refinada debe ser unha fortaleza na que se apoie un equipo que non pode tirar de watios.
Tamén é certo que as condicións existentes en Getxo non favorecían á “Mar do Con” porque o vento soprou con forza e as ondas eran escasas. As opcións para aproveitar o mar de popa semellaban inexistentes e o aire obrigaba a un sobreesforzo no primeiro e terceiro longo. Aínda así, o rendemento da tripulación moañesa foi baixo. O aspecto positivo é que queda tempada para mellorar.
Se Tirán Pereira viviu un día negro, a felicidade foi para o vigués Juan Zunzunegui como adestrador e remeiro de Zierbena. Acompañado na quinta bancada polo tamén olívico Jaime de Haz, a tripulación vasca aproveitou vogar na quenda intermedia da xornada para marcharse dende as primeiras padas, manterse na loita pola vitoria ata o último rego e, nese treito con vento a favor, subir a velocidade para asinar o mellor tempo da xornada e superar a todos os barcos da tanda de honra. Co triunfo, os remeiros do técnico vigués métense na loita pola xeral da Liga ACT porque ascenden á terceira posición a dous puntos de Hondarribia, segunda, e a nove de Santurtzi, que segue no liderado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Gimnasia Trampolín | Mundial
Melania Rodríguez pasa el primer corte
Balonmano | División de Honor
El Balonmán Porriño pierde fuera de casa ante el Rocasa
Lo último