O adestrador debuta esta tarde no banco do Areas en A Lomba para medirse a un equipo impredecible, o Deportivo B (16:30)

Fonsi chega con présa

Carlos Pereira busca o balón nun encontro desta tempada.
Fonsi Valverde regresa esta tarde os bancos do fútol galego e o fai en A Lomba para dirixir ó Cultural Areas ante o Derpotivo B. O reto, de aquí ata o final do curso, é acadar a permanencia cun equipo que leva toda a tempada nas prazas que conducen a Preferente, pero que está a só un punto das posicións de permanencia.

Aínda así, as últimas derrotas ante Alondras e Rápido de Bouzas provocaron o cese de Julio Álvarez e a chegada de Valverde nunha semana na que 'sempre hai máis intensidade da habitual ó chegar un técnico novo. Pero isto non quere dicir nada, despois temos que trsaladalo ó partido'.

O encontro é ante un irregular Deportivo B, un conxunto que está na undécima posición e que o preparador califica como 'a sorpresa negativa da campaña. É un equipo con bos xogadores e de moito talento. Os filiais, na Terceira División, sempre aspiran a subir, pero están lonxe dos postos de promoción e isto tanto pode ser bo para nós, como ser un perigo, porque chegan con necesidade'.

O preparador matiza que para gañar o partido 'temos que ter maior intensidade que eles e tamén ser superiores no aspecto táctico. Seguramente, son máis técnicos ca nós, pero temos que impedir que poidan facer un fútbol cómodo'.

En canto o parte de baixas, para o estreno no banco Valverde perde a Pichi, Sito e Cuadrado. Aínda así, dispón dun plantel amplo e con opcións en case tódalas demarcacións do campo.

Ademais, o preparador ten pouca marxe para os experimentos porque precisa que o Areas acumule puntos e, sobre todo, debe facelo na casa porque lonxe de A Lomba é un equipo débil.n

Te puede interesar