gimnasia acrobática
Bruno y Teo, del Flic Flac, sextos en el Mundial de acrobática
TRAIÑEIRAS
Cuestión de medio segundo tras unha regata no mesmo tempo. Samertolameu e Bueu deleitaron onte no Grove ós afeccionados do remo cun novo episodio dunha fermosa rivalidade polo título da Liga Galega A. O sábado, o barco moañés acadou a vitoria e ampliou a tres puntos a renda na primeira posición da táboa clasificatoria.
Por iso, onte precisaba o triunfo sobre o seu opoñente porque, con menos profundidade no plantel, necesita manter a igualdade. Era un día importante e a “Maruxía” gañou o duelo por medio segundo sobre “A Terca”, nunha regata disputada sobre un mar en calma. Sen vento nin ondas, os remeiros tiveron que sacar toda a forza. O barco de Bueu pasou a primeira baliza cun segundo de renda sobre Meira e a baliza de terra a fixeron no mesmo tempo. A distancia para os buenenses foi de dous segundos na última baliza, pero os remeiros de Dani Pérez apertaron ata o final para cruzar a medio segundo. Unha regata fermosa e de nivel entre as dúas mellores tripulacións da competición autonómica porque, xa moi lonxe, chegaron Puebla, Mera e Mecos. Na loita por evitar o descenso, Muros pechou a regata e dispón dun único punto de renda sobre Perillo, pechacancelas da Liga Galega A.
A parroquia moañesa de Meira alberga este mércores (20:00) o Campionato Galego masculino de traiñeiras e será a única proba oficial en augas galegas na que medirán as súas forzas as tripulacións da Liga Galega con Tirán Pereira, Cabo da Cruz e Ares, da ACT.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
gimnasia acrobática
Bruno y Teo, del Flic Flac, sextos en el Mundial de acrobática
fútbol | DIVISIÓN DE HONOR JUVENIL
A Madroa dicta sentencia
MUNDIAL DE TRIAL
Broche de oro de Marcelli